Agnès Varda

directora de cinema francesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Agnès Varda
Remove ads

Agnès Varda, nada o 30 de maio de 1928 en Ixelles (Bruxelas) e finada en París o 29 de marzo de 2019,[1] foi unha fotógrafa e directora francesa de cinema.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Foi a única muller directora da Nouvelle Vague.[1] Entre a súa filmografía destacan La Pointe courte, Cleo de 5 a 7, Ulysse, Sans toit ni loi, Jacquot de Nantes, Les Glaneurs et la Glaneuse, Deux ans après, Les Plages d'Agnès e Visages, villages .

Foi galardoada co premio César en 2001, co René-Clair da Academia Francesa en 2002, coa Palma de Honra do Festival de Cannes en 2015 e co Óscar honorífico en 2017,[2] e coa Cámara da Festival Internacional de Cinema de Berlín en 2019, todos destinados a homenaxear o conxunto da súa carreira cinematográfica.

Remove ads

Traxectoria

Filla de pai grego e nai francesa, pasou a súa infancia en Bélxica. A súa familia fuxiu da ocupación alemá en 1940 cara Sète, Francia, onde Agnès Varda pasou a súa adolescencia.[3] Viviu e traballou en París. Foi considerada por algúns críticos de cinema a "avoa da nouvelle vague". Os seus filmes, documentais e vídeo-instalacións amosan todos eles un carácter realista e social. Toda a súa obra presenta un estilo experimentalismo distintivo. En 1985, co documental "Vagabond" obtivo o León de Ouro do Festival de Cine de Venecia.

Remove ads

Obra

  • Varda por Agnès, documental[4]

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads