Alectoris

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Alectoris
Remove ads

Alectoris é un xénero aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que se distribúen polo sur de Europa, norte de África, Arabia e Asia ata o Tíbet e o leste da China.

Datos rápidos Distribución, Clasificación taxonómica ...
Thumb
Perdiz chucar (Alectoris chukar).
Thumb
Perdiz grega (Alectoris graeca).

Especies deste xénero foron introducidas en Norteamérica, Nova Zelandia e Hawai.

Remove ads

Características

Son aves non migratorias que habitan montes e lombeiros. Chocan ata 20 ovos nos seus niños e aliméntanse principalmente de sementes e dalgúns insectos.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.[1]

Etimoloxía

O nome científico Alectoris deriva do grego antigo ἀλέκτωρ -ορος aléktōr, -oros, 'galo'.[2]

Especies

Na actualidade, segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica, recoñécense, dentro do xénero as sete especies seguintes:[1]

  • Alectoris barbara (Bonnaterre, 1792)
  • Alectoris chukar (J. E. Gray, 1830)
  • Alectoris graeca (Meisner, 1804)
  • Alectoris magna (Prjevalsky, 1876)
  • Alectoris melanocephala (Ruppell, 1835)
  • Alectoris philbyi Lowe, 1934
  • Alectoris rufa (Linnaeus, 1758)

A perdiz común

Das especies mencionadas, a 'perdiz común',[3] ou 'perdiz rubia',[4] Alectoris rufa, é a máis codiciada no mundo cinexético pola súa rapidez de vo e dificultade para ser abatida. Considérase a raíña da caza menor polo que foi introducida noutros lugares fóra da súa área de distribución orixinal. Considérase unha especie autóctona da Península Ibérica, aínda que outras subespecies distribúense por outros lugares e illas do continente europeo.

A perdiz común mide uns 34 cm de lonxitude. Posúe plumas pardovermellas coa gorxa branca e franxas escuras na parte superior do peito. As patas e o peteiro son vermellos. Viven en lugares rochosos, terreos secos e monte baixo de España, Portugal, Francia, sur do Reino Unido, Illas Baleares, Córsega e nalgúns lugares de Italia.

A alteración do seu hábitat pola construción de infraestruturas e actividades humanas, a presión cinexética excesiva e incontrolada e a alteración xenética pola mestura de especies entre as poboacións silvestres con perdices de granxa máis "mansas", convertérona nunha especie vulnerable.

Dentro esta especie recoñecense as seguintes subespecies:

  • A. rufa hispánica (noroeste peninsular)
  • A. r. intercedens (leste e sur peninsular)
  • A. r. australis (Canarias)
  • A. r. laubmani (Baleares)
  • A. r. rufa (Francia)
  • A. r. madereinsis (Madeira)
  • A. r. corsa (Córsega)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads