Alexander Garrievich Gordon

actor, xornalista e director de cine ruso From Wikipedia, the free encyclopedia

Alexander Garrievich Gordon
Remove ads

Alexander Garrievich Gordon, nado en Obnisk o 20 de febreiro de 1964, é un actor, xornalista e director de cine ruso.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo do escritor e pintor Garri Borisovich Gordon e da traballadora sanitaria Antonina Dmitrievna Strigi. Educado por súa nai e avoa[1] viviu ata os tres anos en Belousovo (óblast de Kaluga) e logo a familia instalouse en Moscova. En 1987 rematou os seus estudos de actuación no Instituto de Teatro Boris Shchukin[2] e logo traballou durante un ano na compañía Teatre Studii Ruben Simonov, creada en 1988 polo fillo de Simonov[3]. En 1989 marchou coa súa muller e filla para os Estados Unidos, traballou para Russian Television Network (RTN) [4] e dende 1992 traballou tamén na emisora de radio en lingua rusa WMNB. En 1993 creou a súa propia compañía, Wostok Entertainment e produciu e presentou entre 1994 e 1997 o programa New York, New York para a canle rusa TV-6 [5]. En 1997 volveu a Rusia, xa con dobre cidadanía, rusa e mais estadounidense[6], traballou no programa da TV-6 Chastnii sluchai, presentándoo entre marzo e decembro de 1997 e tamén dende 1997 presentou un programa de radio matinal na emisora de radio Silver Rain e logo entre 2001 e 2002 na canle de televisión M1[7]. Entre 1998 e 2000 presentou Sobranie zabluzhdenii, unha serie de filmes documentais de documentación histórica[8] e tamén presentou canda Vladimir Soloviev o programa de entrevistas Process (1999-2001) na ORT[9]. Entre 2001 e 2003, cun programa especial en abril de 2004, presentou o programa de entretemento científico Gordon na NTV [10] e na mesma canle pasou a presentar entre setembro de 2004 a xullo de 2005 o programa Stress. No outono de 2005 deixou a NTV e pasou á Canle Unha[11] e ata maio de 2006 presentou Gordon 2030[12]. En 2006 volveu ao seu antigo programa de radio matinal que presentou ata o outono de 2007. Dende 2007 e ata 2013 presentou o programa Zakritii pokaz[13], no que personalidades do mundo do cine e da televisión falaban do novo cine ruso[14][15]. De 2008 a 209 presentou o programa Gordon Juan en Silver Rain e na televisión de 2008 a 2010 Gordon Quixote[16]. En 2009 presentou Gordon v zasade na canle Ohota i ribalka. En 2012 presentou Grazhdanin Gordon. Con Peter Tolstoi presentou entre 2013 e 2014 o programa nocturno dedicado á política, Politica. Con Ekaterina Strizhenova presentou en 2013 Za i protiv e dende 2014 presenta con Iulia Baranovskaia Muzhskoye/Zhenskoye.

Como director o seu primeiro filme realizouno en 2002, Pastukh svoikh korov baseado nunha novela de seu pai, así como a súa segunda película, filmada en 2007 aínda que non o presentou ata 2011[17], Ogni pritona. De 2018 é Diadia Sasha.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads