Alfonso Couce Doce
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Alfonso Couce Doce, nado en Ferrol en 1928 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2015, foi un forense e político galego.[1][2]
Remove ads
Traxectoria
Médico forense de profesión, xa durante a ditadura franquista foi concelleiro do Concello de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1987 foi cabeza de lista de Alianza Popular en Ferrol e fíxose coa alcaldía, con Arsenio Fernández de Mesa como primeiro tenente de alcalde. Porén, o 8 de setembro de 1989 unha moción de censura apoiada polo PSOE, Izquierda Unida, un concelleiro do CDS e outro concelleiro tránsfuga popular arrebatoulle o cargo e pasou a ser alcalde o seu curmán, o socialista Manuel Couce Pereiro. O 18 de abril de 2000 recibiu unha encomenda de prata da Orden Civil de Sanidad. Faleceu en Ferrol o 1 de setembro de 2015 aos 87 anos.[1][2][3][4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads