Manuel Couce Pereiro

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manuel Couce Pereiro, nado en Ferrol o 9 de xaneiro de 1935, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Traballador do estaleiro de Bazán, foi delegado sindical, secretario do comité de empresa e secretario comarcal da UGT na comarca de Ferrol. Militante do PSdeG-PSOE, nas eleccións galegas de 1981 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia e volveu ser elixido nas de 1985. Concelleiro en Ferrol, foi elixido alcalde en 1989 logo dunha moción de censura contra o seu curmán, o alcalde de AP Alfonso Couce Doce, cos votos do seu propio partido xunto cos de EU-IU e un tránsfuga de AP . Logo das municipais de 1991, nas que foi elixido alcalde de Ferrol Mario Villaamil, unha nova moción de censura converteuno de novo en alcalde ata 1995. Nas xerais de 1993 foi elixido deputado pola provincia da Coruña no Congreso. En 1996 abandonou a actividade política.

Predecesor:
Alfonso Couce Doce
 
alcalde de Ferrol
 
1989 - 1991
Sucesor:
Mario Villaamil
Predecesor:
Mario Villaamil
 
alcalde de Ferrol
 
1991 - 1995
Sucesor:
Juan Blanco
Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads