Amadora

From Wikipedia, the free encyclopedia

Amadoramap
Remove ads

Amadora é unha cidade ou concello de Portugal, que pertence ao Distrito de Lisboa, con máis de 175.000 habitantes no 2004. Limita ao nordeste co municipio de Odivelas, ao sueste con Lisboa, ao sur e oeste por Oeiras e ao oeste e norte por Sintra. É a cuarta cidade máis populosa do Estado[1].

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...
Remove ads

Demografía

A Amadora mantén unha grande densidade de poboación.

Evolución da poboación de: Amadora desde

1981 ata 2004

1981

1991 2001 2004

163878

181774 175872 176239

Historia

Amadora constituíuse ao redor do lugar da Porcalhota, coa Capela Nosa Señora da Concepción da Lapa, sede de irmandade propia que dispuña de bastantes bens.

Serviu durante varios séculos de estancia de veraneo para familias abastadas de Lisboa. A salubridade do sitio, a proximidade da capital, as facilidades de comunicacións e vasta área dispoñíbel para urbanización están na base do desenvolvemento espectacular de construcións en Amadora, que, en zonas determinadas, existen edificios sen permisos legais.

En 1907, a poboación local pideulle ao rei Carlos I de Portugal que permitise o cambio de nome, polo cal o Ministerio do Reino nomeou a poboación de Amadora en 1907. Foi elevada a freguesía dentro do concello de Oeiras en 1916, e feita vila en 1936. O concello de Amadora foi creado o 11 de setembro de 1979, por separación de Amadora e de Venteira, no nordeste do municipio de Oeiras. Días despois, o 17 de setembro de 1979, foi declarada cidade dividíndose nas freguesías de Alfraxide, Brandoa, Buraca, Damaia, Falagueria-Venda Nova, Mina e Reboleira. Nesa ocasión agregouse tamén partes das freguesías de Queluz e de Belas, pertencentes ao concello veciño de Sintra; e perde a localidade de Presa que pasou a formar parte da freguesía de Odivelas, actualmente concello.

En 1997, foron creadas as freguesías de Alfornelos, Falagueira, Venda Nova e São Brás, prefigurando así a actual división municipal.

Entre os seus símbolos máis importantes é o Acueduto das Augas Libres. A outra icona do sitio son os campos de aviación que foron o xermolo da aviación en Portugal. Por iso o escudo presenta os debuxos que posúe.

Remove ads

Freguesías

Thumb
Freguesías de Amadora

Amadora distribúese nas seguintes freguesías ou parroquias:

  • Alfornelos
  • Alfraxide
  • Brandoa
  • Buraca
  • Damaia
  • Falagueira
  • Mina
  • Reboleira
  • São Brás
  • Venda Nova
  • Venteira

Cidades irmandadas

Cultura

Deste concello é o grupo de música electrónica Buraka Som Sistema.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads