Amy Heckerling
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Amy Heckerling, nada en Nova York o 7 de maio de 1954, é unha directora de cinema estadounidense. Alumna da Universidade de Nova York e do American Film Institute, dirixiu filmes de éxito comercial como Fast Times at Ridgemont High, National Lampoon's European Vacation, Mira quen fala e Clueless.
Heckerling recibiu a medalla Franklin J. Schaffner Alumni da AFI[1] polo seu talento creativo e logros artísticos.
Remove ads
Vida persoal
Heckerling saíu co director Martin Brest cando marchou vivir aos Ánxeles. Aínda que posteriormente romperon a relación, continuaron a ser bos amigos. O primeiro matrimonio de Heckerling foi con David Brandt, entre 1981 e 1983. En 1984, Heckerling casou co director Neal Israel, do que se divorciou en 1990.[2][3] A filla da parella, Mollie Israel, naceu en 1985. A Mollie fixéronlle crer que Israel era o seu pai biolóxico ata 2004,[4] cando lle revelaron que de feito o seu pai biolóxico era Harold Ramis.[3] Heckerling incluíu a Mollie nalgúns dos seus filmes en pequenos papeis, aínda que afirma que a súa filla nunca quixo ser unha "girly girl" e distanciouse moito do seu traballo. A pesar diso, as dúas lévanse moi ben e Mollie adoita presentar á súa nai música nova, como OK Go, e filmes.[5] Mollie é cantante do grupo The Lost Patrol. Heckerling vive entre Os Ánxeles e Nova York.
Heckerling é unha das poucas mulleres que dirixiu múltiples filmes de éxtio comercial. Cando se lle preguntou polo feito de que só o 5% dos filmes están dirixidos por mulleres, Heckerling afirmou:
Alegación de mala conduta sexual
O actor e cómico Chris Kattan afirmou no seu libro de memorias de 2019 Baby, Don't Hurt Me: Stories and Scars from Saturday Night Live que Lorne Michaels lle metera presión para manter relacións sexuais con Heckerling a cambio de que ela dirixise o filme de 1998 A Night at the Roxbury (aínda que finalmente só o produciu).[8] A filla de Heckerling discute esta afirmación dicindo que, aínda que Heckerling e Kattan tiveron unha relación, foi cando o filme xa estaba rodado.[9]
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads