Clueless
filme de 1995 dirixido por Amy Heckerling From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Clueless é un filme estadounidense de 1995 escrito e dirixido por Amy Heckerling. Está protagonizado por Alicia Silverstone, Stacey Dash, Paul Rudd, Dan Hedaya e Brittany Murphy. Foi producido por Scott Rudin e Robert Lawrence. Está vagamente baseado na novela de 1815 Emma de Jane Austen, ambientado no tempo moderno en Beverly Hills.[1][2] O argumento céntrase en Cher Horowitz, unha moza adolescente e rica que se fai amiga dunha nova estudante chamada Tai Frasier e decide darlle un cambio de imaxe.
Clueless foi rodado en California ó longo de 40 días. A directora do filme estudou os estudantes de institutos reais de Beverly Hills para aprender a fala e as expresións dos adolescentes da década de 1990.
O filme recadou 56,1 millóns de dólares nos Estados Unidos. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e é considerado un dos mellores filmes adolescentes de tódolos tempos.[3][4][5][6] Clueless converteuse nun filme de culto e tivo continuación nunha serie de televisión, nunha serie de libros e Paramount Studios anunciou que estaba a producir un remake.
Remove ads
Personaxes
- Alicia Silverstone como Cher Horowitz
- Stacey Dash como Dionne Davenport
- Brittany Murphy como Tai Frasier
- Paul Rudd como Josh Lucas
- Dan Hedaya como Melvin "Mel" Horowitz ("Hamilton" nos créditos)
- Elisa Donovan como Amber Mariens
- Justin Walker como Christian Stovitz
- Wallace Shawn como Mr. Wendell Hall
- Twink Caplan como Ms. Toby Geist
- Julie Brown como adestradora Millie Stoeger
- Donald Faison como Murray Duvall
- Breckin Meyer como Travis Birkenstock
- Jeremy Sisto como Elton Tiscia
- Nicole Bilderback como Summer Han
- Sean Holland como Lawrence
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads