Ana Freire
enxeñeira e doutora en informática From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ana Freire Veiga, nada en Rábade en 1983, é unha enxeñeira informática profesora na Universidade Pompeu Fabra onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade. É a fundadora de Wisibilízalas.[1]
Remove ads
Traxectoria
Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola Universidade da Coruña. Traballou en diversas institucións e empresas, como a Universidade de Glasgow, o Centro Nacional de Investigación de Italia ou o Yahoo Labs. Dende setembro de 2015 é profesora e investigadora na UPF, onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade.
Coa súa investigación pretende aplicar a tecnoloxía en xeral e a intelixencia artificial en particular a problemas sociais, como a saúde mental.[2] Lidera o proxecto STOP (Suicide prevenTion in sOcial Platforms) cuxo obxectivo é detectar enfermedades mentais nas redes sociais. Tamén traballa analizando datos que permitan entender mellor algunhas enfermidades neurolóxicas, como a esclerose múltiple.[3]
É a fundadora de Wisibilízalas, un concurso internacional que pretende rachar cos estereotipos asociados ás carreiras científicas e tecnolóxicas, potenciar referentes femeninos entre o alumnado e promover o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo.[4]
Remove ads
Recoñecemento
- Premio Joven Talento Femenino 2019 da Fundación Real Academia de las Ciencias.[5]
- Premio Ada Byron Joven 2019 da Universidade de Deusto.[6]
- Premio Ada Byron do CPEIG en 2021.[7]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads