Rábade
concello da comarca de Lugo, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rábade.
Remove ads
Onomástica
O topónimo Rábade podería ter orixe no termo hispano-árabe rabaḍ, co significado de "barrio, suburbio", que deu tamén o termo arrabalde.[1] O xentilicio é «rabadés/esa» ou «rabadense».[2]
Demografía

Xeografía
O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.
A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia[3]. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.
Se ben o Nomenclátor de Galicia só recolle o núcleo da vila de Rábade, a parroquia abrangue tamén os lugares do Campo, A Ponte, Regabaixo, Tras do Regueiro e Vilardeseo.[4]
Historia
Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte estableceuse a portaxe ou pago por dereito de paso.
Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925 Rábade converteuse en concello independente ó segregarse de Begonte.
En 1875 inaugurouse o tramo Lugo–A Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.
Remove ads
Festas
- Feiras os días 2 e 22 de cada mes.
- Festas patronais, os días 22 e 23 de xaneiro.
- Festas da Asunción de María, o 15 de agosto.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.
- Unidade de atención primaria
- Estación de tren de Rábade
- Ara aos Lugoves
- Rábade, placa altimétrica
- Ponte Vella sobre o río Miño
Lugares de Rábade
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.
Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade | |
---|---|
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads