Anca (zooloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En zooloxía chámase anca a cada unha das extremidades posteriores de certos animais cuadrúpedes,[1] especialmente nas cabalarías.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Anca.


Particularidades nas cabalarías
Nas cabalarías, para lograr unha marcha adecuada, a lonxitude e anchura das ancas deben seren proporcionadas:[2]
Por iso:
- Cando ancas son moi longas, polo xeral están acompañadas das mesmas proporcións nas partes que forman as extremidades posteriores, polo que as flexións e extensións serán grandes e a súa reacción moi suave, especialmente se a rexión lumbar ten moita lonxitude e flexibilidade. Os cabalos con este defecto únense excesivamente. (Chámase unión no cabalo á acción das extremidades posteriores para dirixirse ao centro de gravidade).
- Se son moi curtas, adoitan gardar as mesmas proporcións os membros abdominais, é dicir, as flexións e extensións do cuarto posterior tamén serán curtas e, por conseguiente, o paso curto e a reacción moi forte; este defecto aumentará moito se a rexión lumbar é moi curta, pois neste caso os cabalos únense con dificultade.
Remove ads
Particularidades nalgúns animais silvestres
Os antílopes africanos da familia dos alcelafinos (alcelafos, damaliscos e ñus) presentan a perticularidade, entre outras, de teren unhas alzadas (agullas ou cruz, articulacións das extremidades anteriores) moi altas, bastante máis que as ancas,[3][4] polo que o seu lombo é descendente, en vez de horizontal, o que os distingue dos demais bóvidos, o mesmo que lles ocorre, en menor medida, ás hienass,[5][6] o que as diferencia dos outros carnívoros.
Remove ads
Galería de imaxes
- Cabalo
(Equus ferus caballus)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads