Andhra Pradesh

From Wikipedia, the free encyclopedia

Andhra Pradesh
Remove ads

Andhra Pradesh (en telugu: ఆంధ్ర ప్రదేశం), é un dos estados da India localizado no leste do país. É o oitavo meirande estado do país, abranguendo unha área de 162 970 km².[1] A súa capital é Hyderabad. Outras cidades importantes son Guntur, Vijayawada, Vishakhapatnam e Warangal.

Datos rápidos Himno, Símbolo oficial ...

Limita polo norte con Maharashtra, Chhattisgarh e Orissa, polo leste coa Baía de Bengala, polo sur con Tamil Nadu e polo oeste con Karnataka. Con 276.754 km², equivalentes a un 8,4 % do total do territorio indio.[2]

Os principais ríos do estado son o Godavari e o Krishna.

Remove ads

Economía

A agricultura foi de sempre a principal fonte de ingresos do estado. O arroz, a cana de azucre, o algodón e o tabaco son os principais cultivos. Recentemente estanse a desenvolver algunhas industrias como as das tecnoloxías da información e a biotecnoloxía.

Hyderabad, capital de Andhra Pradesh, é a quinta cidade da India, cunha importante cultura e unha industria crecente, convivindo tradición e tecnoloxía. Hyderabad, ao igual que Bangalore, converteuse nun dos principais puntos de investimento do país. O principal porto do estado está na cidade de Vizag.

Remove ads

Turismo

En Andhra Pradesh áchanse numerosos centros de peregrinación. Tirupati é un dos templos hinduístas máis visitados do país. As covas de Borra, cunha antigüidade de máis dun millón de anos, ou o val de Araku son outros dos principais destinos turísticos da rexión.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads