Andre Agassi
tenista profesional estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Andre Kirk Agassi, nado en Las Vegas (Nevada) o 29 de abril de 1970, é un xogador de tenis estadounidense xa retirado que gañou máis de 25 millóns de dólares en premios e foi número 1 na clasificación mundial.
Remove ads
Biografía
Os comezos
Agassi é descendente de armenios, aínda que naceu e creceu nas Vegas, Estados Unidos, onde vive. Seu pai, Emmanuel "Mike" Agassi, participou nos Xogos Olímpicos de 1948 e 1952 representando a Irán en boxeo. Tras emigrar aos Estados Unidos, acurtou o seu apelido armenio de Agassian a Agassi. O seu máximo ídolo é Nicolas Almiron.
Fanático do tenis, Mike Agassi estaba determinado a facer todo o posible para que algún dos seus catro fillos fose un xogador de sona, e agasalloulle a súa primeiro raqueta a Andre cando este fixo os dous anos. Na nenez, Andre petaba en preto de 3000 bólas ao día, os 7 días da semana. Cando fixo os 14, enviárono á academia de Nick Bolletieri en Florida, e converteuse en xogador profesional aos 16. Foi o xogador máis novo en superar a marca dun millón de dólares en premios, en decembro de 1988, tras só 43 torneos.
Cando mozo, Andre lucía unha imaxe rebelde, que desafiaba os aspectos máis conservadores do tenis: pelo longo, un aro, roupas de cores... O eslogan dunha campaña de publicidade que o tiña como protagonista, "a imaxe éo todo", converteuse tamén no lema de Agassi.
O 19 de abril de 1997, Andre casou con Brooke Shields tras catro anos de noivado. En febreiro dese ano, demandaran o National Enquirer por publicar ruxerruxes falsos sobre Shields. Cando Brooke e a súa nai solicitaron a Agassi a firma dun acordo prenupcial, o tenista rexeitouno, pero o que apareceu nos titulares foi un indicio do que viría despois. Agassi pediu o divorcio, que lle foi concedido o 9 de abril de 1999.
O apoxeo: crise e recuperación
Desde que Rod Laver gañara o Grand Slam en 1969 non houbera tenista masculino ningún que o fixera, e foi Andre Agassi o único tenista que, desde esa data, gañou os catro torneos do Grand Slam. Como non os acadou no mesmo ano chámaselle Grand Slam de carreira. Os torneos foron: Aberto de Australia (1995, 2000, 2001 e 2003), Torneo de Roland Garros (1999), Torneo de Wimbledon (1992) e Aberto dos Estados Unidos (1994 e 1999). Como ademais gañou a medalla de ouro olímpica en 1996, el e Rafael Nadal son os únicos tenistas masculinos que gañaron o denominado Golden Slam (os catro torneos do Grand Slam e mais o ouro olímpico).
En novembro de 1997, descendera ao lugar 141 do ránquin mundial, e o seu matrimonio estaba en crise. Logo da separación, volveuse a dedicar ao tenis con todas as enerxías: rapou a cabeza, comezou un rigoroso programa de adestramento co que recuperou o nivel de xogo e incorporouse rapidamente ao grupo dos mellores tenistas.
Cando lle recoñeceron o divorcio, Agassi xa estaba a saír con Steffi Graf. Casaron o 22 de outubro de 2001 no seu fogar, sendo as súas nais as únicas testemuñas da unión. O seu primeiro fillo, Jaden Gil, naceu 6 semanas prematuro o 26 de outubro. Jaz Elle, a filla, naceu o 3 de outubro de 2003.
O 24 de xuño de 2006, logo de vinte anos de actividade profesional, anunciou o seu retiro. O 28 de agosto de 2006 comezou o que sería o seu último torneo, o Aberto dos Estados Unidos.
Remove ads
Carreira profesional
Vitorias no Grand Slam (8)
Ano | Campionato | Rival na final | Resultado na final |
1992 | Wimbledon | ![]() | 6-7, 6-4, 6-4, 1-6, 6-4 |
1994 | Aberto dos Estados Unidos | ![]() | 6-1, 7-6, 7-5 |
1995 | Aberto de Australia | ![]() | 4-6, 6-1, 7-6, 6-4 |
1999 | Torneo de Roland Garros | ![]() | 1-6, 2-6, 6-4, 6-3, 6-4 |
1999 | Aberto dos Estados Unidos | ![]() | 6-4, 6-7, 6-7, 6-3, 6-2 |
2000 | Aberto de Australia | ![]() | 3-6, 6-3, 6-2, 6-4 |
2001 | Aberto de Australia | ![]() | 6-4, 6-2, 6-2 |
2003 | Aberto de Australia | ![]() | 6-2, 6-2, 6-1 |
Finalista do Grand Slam (7)
Ano | Campionato | Rival na final | Resultado na final |
1990 | Roland Garros | ![]() | 3-6, 6-2, 4-6, 4-6 |
1990 | Aberto dos Estados Unidos | ![]() | 4-6, 3-6, 2-6 |
1991 | Roland Garros | ![]() | 6-3, 4-6, 6-2, 1-6, 4-6 |
1995 | Aberto dos Estados Unidos | ![]() | 4-6, 3-6, 6-4, 5-7 |
1999 | Wimbledon | ![]() | 3-6, 4-6, 5-7 |
2002 | Aberto dos Estados Unidos | ![]() | 3-6, 4-6, 7-5, 4-6 |
2005 | Aberto dos Estados Unidos | ![]() | 3-6, 6-2, 6-7, 1-6 |
Remove ads
Títulos (61)
Individuais (60)
Lenda |
Grand Slam (8) |
Tennis Masters Cup (1) |
Xogos Olímpicos (1) |
ATP Masters Series (17) |
ATP Tour (33) |
Títulos de dobres (1)
Clasificación en torneos do Grand Slam
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- www.agassiopen.comArquivado 23 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads