Andrea Bocelli

tenor, músico e escritor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Andrea Bocelli
Remove ads

Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994 vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da música clásica.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de música pop como Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini e Céline Dion.

Remove ads

Traxectoria

Naceu o 22 de setembro de 1958 en Lajatico, un vila da campiña Toscana. Empezou a estudar piano e posteriormente frauta e saxofón. Andrea Bocelli naceu con glaucoma conxénito que o deixou parcialmente cego. Á idade de 12 anos, por mor dun golpe na cabeza durante un partido de fútbol, a cegueira fíxose total. Decidido a non deixar que isto destruíse a súa carreira, seguiu adiante. A súa paixón pola música levouno a ofrecer pequenas actuacións en celebracións familiares. Ao terminar a escola media, inscribiuse na Universidade de Pisa, chegando a licenciarse en Dereito, sen deixar a música, ao compatibilizar as clases de dereito coas clases de canto que recibiu do mestre e gran tenor italiano Franco Corelli. Tamén actuou en numerosos locais, o que lle permitiu perfeccionar a súa técnica vocal, e nesa época, en 1987, foi cando coñeceu a Enrica Cenzatti, con quen casaría.

En 1992 Bocelli colaborou con Zucchero Fornaciari, que estaba a preparar con Luciano Pavarotti a gravación da peza Miserere, que logo integraría no álbum homónimo, e así Zucchero envioulle a demo a Pavarotti, que quedou impresionado, Pavarotti gravou a canción pero na xira europea de Zucchero deixou que Bocelli cantase a canción, con grande éxito. O produtor discográfico Michele Torpedine fíxose cargo da carreira de Bocelli e asinou un contrato con Sugar Music de Caterina Caselli[2].

Remove ads

Discografía

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads