Aparello (pesca)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aparello (pesca)
Remove ads

Un aparello é un instrumento utilizado para a pesca.[1]

Thumb
Nasas, uns dos principais aparellos de pesca.

Aínda que moitas veces se coñece como arte de pesca, cómpre distiguir ambos os termos, porque as artes verdadeiras son as redes de arrastre, de deriva ou de fondo, construídas con grandes panos.

Clases de aparellos

Entre os numerosos aparellos de pesca que se untilizan en Galicia para pescar no mar e nos ríos están, entre outros:[2]

Thumb
Unha cana e o seu carrete de fibra de vidro
(circa 1997).
Artigo principal: Cana de pescar.
  • A chumbeira, rede de pesca de forma circular e provista de chumbos arredor, que se utiliza en lugares de pouca profundidade.[8][9]
  • A corda, aparello de pesca que se emprega na captura de peixes como o congro, a dourada e os meixóns.[10]
  • As fisgas, 1. Variña metálica, cunha parte cónica nun extremo, coa que se apañan longueiróns e moluscos similares. 2. Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variábel segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar. 3. Parte de determinadas artes de pesca que consiste nunha especie de embude de rede que impide a fuxida dos peixes capturados.[11] 1. Arpón de pesca composto por tres ou máis dentes, fixos pola súa base a unha variña de ferro perpendicular a eles, que leva un mango longo de madeira. 2. Parte da rede de pesca que forma unha especie de embude para non deixar saír o peixe capturado nela. 3. Arte de pesca consistente nunha variña metálica que remata nun engrosamento en forma cónica, que se emprega para coller molucos.[12]
  • A lampreeira, arte que se emprega nos ríos para pescar a lamprea e que consta dunha rede rectangular que se coloca atravesada no río e se deixa arrastrar pola corrente.[13]
  • As nasas.
Artigo principal: Nasa.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads