Aparello (pesca)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un aparello é un instrumento utilizado para a pesca.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aparello.

Aínda que moitas veces se coñece como arte de pesca, cómpre distiguir ambos os termos, porque as artes verdadeiras son as redes de arrastre, de deriva ou de fondo, construídas con grandes panos.
Clases de aparellos
Entre os numerosos aparellos de pesca que se untilizan en Galicia para pescar no mar e nos ríos están, entre outros:[2]

(circa 1997).
- O alxerife, gran rede de arrastre rectangular que leva por riba uns cotizos e pola parte inferior unhas pandulleiras para que se manteña vertical, que se emprega no Baixo Miño para a peaca da zamborca e do salmón.[3]
- O angarallo, aparello de pesca que se utiliza para capturar crustáceos.[4]
- O angarello, aparello de pesca formado por unha liña que se mantén vertical cunha pedra ou cun chumbo, do que saen sedelas con anzois.[5][6]
- As cabeceira, aparello de pesca que que e usa no río Miño para pescar a lamprea e o salmón.[7]
- As canas.
- Artigo principal: Cana de pescar.
- A chumbeira, rede de pesca de forma circular e provista de chumbos arredor, que se utiliza en lugares de pouca profundidade.[8][9]
- A corda, aparello de pesca que se emprega na captura de peixes como o congro, a dourada e os meixóns.[10]
- As fisgas, 1. Variña metálica, cunha parte cónica nun extremo, coa que se apañan longueiróns e moluscos similares. 2. Arte de pesca similar ao arpón, pero de forma e número de dentes variábel segundo as zonas e as variedades de peixes ou moluscos que se pretendan capturar. 3. Parte de determinadas artes de pesca que consiste nunha especie de embude de rede que impide a fuxida dos peixes capturados.[11] 1. Arpón de pesca composto por tres ou máis dentes, fixos pola súa base a unha variña de ferro perpendicular a eles, que leva un mango longo de madeira. 2. Parte da rede de pesca que forma unha especie de embude para non deixar saír o peixe capturado nela. 3. Arte de pesca consistente nunha variña metálica que remata nun engrosamento en forma cónica, que se emprega para coller molucos.[12]
- A lampreeira, arte que se emprega nos ríos para pescar a lamprea e que consta dunha rede rectangular que se coloca atravesada no río e se deixa arrastrar pola corrente.[13]
- As nasas.
- Artigo principal: Nasa.
- O pesco ou pesqueira, especie de dique ou encoro construído en diagonal no curso dun río, desde on de se pesca ou co que se desvía a auga para poder pescar.[14]
- A rañeta, aparello fomado por un mango que remata en dous ganchos que se emprega para pescar o polbo.[15]
- O raño, ou rastro, aparello para mariscar que consta dun angazo que se arrastra sobre a area, levantando así os berberechos ou as ameixas, que quedan depositados nunha especie de rede de metal.[16][17]
- O rastro, véxase raño.
- A solleira, rede empregada na pesca da solla.[18] (As sollas galegas son dúas: Platichthys flesus e Pleuronectes platessa). Arte de pesca que se emprega para a pesca da solla.[19]
- O trallo, aparello de pesca de río que se caracteriza por levar cortizos na parte superior, e chumbo na inferior.[20]
- O viturón ou voiturón (ás veces grafado como boitrón), rede de forma cónica, que se compón de dúas pezas, unha exterior e outra interior, na que está o cebo, que se emprega na pesca fluvial.[21][22]
- O voiturón, véxase viturón.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads