Angeline Stickney

From Wikipedia, the free encyclopedia

Angeline Stickney
Remove ads

Chloe Angeline Stickney Hall, nada o 1 de novembro de 1830 e finada en North Andover (Massachusetts) o 3 de xullo de 1892 foi unha sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense, esposa do astrónomo Asaph Hall. Non empregou o seu primeiro nome, polo que foi coñecida como Angeline Stickney Hall.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Angeline era filla Theophilus Stickney e Electa Cook.

Aínda que de familia pobre, Angeline Stickney foi capaz de asistir á Universidade Central en McGraw, Nova York coa axuda da súa irmá Ruth e por ensinar na universidade. Diplomouse en ciencias e matemáticas, facendo cursos de cálculo e astronomía matemática. A universidade central era unha escola progresiva onde estudantes con poucos medios, incluíndo mulleres e afroamericanos libres, podería lograr un grao universitario. Aí foi onde se volveu unha defensora apaixonda do sufraxio feminino e da supresión da escravitude.

Angeline Stickney e Asaph Hall coñecéronse na universidade. Stickney era dous anos máis vella que Hall[1] e era a súa instrutora en xeometría e alemán.[2] Durante os seus días xuntos como profesor e estudante, Hall e os seus compañeiros propuñan cuestións e problemas que pensaban que Stickney non podería solucionar, mais ela nunca fallou nas solucións.[3]

Stickney e Hall casaron en Elkhorn, Wisconsin o 31 de marzo de 1856. Inmediatamente após o casamento, a parella mudouse a Ann Arbor de modo que Hall puidese continuar a súa educación. Tres meses máis tarde, marcharon a Shalersville, Ohio.[2]

Thumb
Residencia Stickney no barrio de Georgetown en Washington, D.C.

Stickney animouno a continuar a súa busca de satélites de Marte cando estaba a punto de abandonala, e finalmente logrou o éxito descubrindo Fobos e Deimos.[4]

O cráter máis grande de Phobos, o cráter Stickney, recibe o seu nome por ela.[4]

Morreu en North Andover, Massachusetts aos 61 anos.

Remove ads

Familia

Stickney educou na casa os seus catro fillos e todos asistiron á Universidade Harvard. O seu terceiro fillo, Angelo Hall, ministro unitario, escribiu a súa biografía. O seu fillo máis vello, Asaph Hall, Jr., naceu o 6 de outubro de 1859 e chegou a ser director do observatorio de Detroit entre 1892 a 1905. Os outros fillos foron Samuel (segundo fillo) e Percival (cuarto); Percival Hall (1872–1953) foi o segundo presidente de Universidade Gallaudet entre 1910 e 1946.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads