Sufraxio feminino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O movemento internacional polo sufraxio feminino, levado a cabo polas sufraxistas, foi un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do sufraxio (isto é, o dereito a votar) ás mulleres, avogando polo «sufraxio igual» (abolición da diferenza de capacidade de votación por xénero) en lugar do «sufraxio universal» (abolición da discriminación debida principalmente á raza), xa que este último era considerado demasiado revolucionario.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2007.) |



Remove ads
Liña temporal
O sufraxio feminino foi aprobado (e revogado) varias veces en distintos países do mundo. Nalgúns países como Estados Unidos ou Suráfrica o sufraxio feminino autorizouse antes que o sufraxio universal; así, unha vez concedido este ós homes e mulleres brancos, aínda se lles seguía negando o dereito a votar a homes e mulleres doutras razas. Porén, na maioría de países o sufraxio feminino foi o que levou ao universal.
En 1776 en Nova Jersey autorizouse accidentalmente o primeiro sufraxio feminino (empregouse accidentalmente a palabra «persoas» no canto de «homes»), aínda que se aboliu en 1807.
En 1838 aprobouse o sufraxio feminino (coas mesmas características propias que o masculino) nas illas Pitcairn.
En 1853 aprobouse o sufraxio feminino na provincia de Vélez (no actual departamento colombiano de Santander). Foi o primeiro caso nun país independente; non obstante foi revogado no ano 1857 e restablecido o 25 de agosto de 1954 pero, como o país vivía a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, só puido poñerse en práctica a partir de 1957.
Na segunda metade do século XIX, varios países e estados recoñeceron un tipo de sufraxio feminino restrinxido comezando por Australia do Sur en 1861.
En 1869, o Territorio de Wyoming converteuse no primeiro estado dos EUA onde se instaurou o «sufraxio igual» (sen diferenzas de xénero) aínda que non era sufraxio universal, xa que non podían votar os homes e mulleres de pel negra.
En 1893 aprobouse en Nova Zelandia o primeiro sufraxio feminino sen restrinxir, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard. De tódolos xeitos, ás mulleres só se lles permitía votar sen poder presentarse ás eleccións. Só puideron presentarse a partir de 1919 a ser elixidas para un cargo político.
O primeiro país en ofrecer o sufraxio universal (e tamén permitir ás mulleres presentarse ás eleccións para o parlamento) foi Australia do Sur en 1902 (segundo outros en 1894) e Tasmania en 1903.
Remove ads
Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación)
Remove ads
Listaxe de países sen sufraxio feminino
Na actualidade, algúns países non recoñecen o sufraxio ás mulleres. E se o recoñecen (como no Líbano), fano dun xeito diferente ós homes. A seguinte listaxe non inclúe os países que non permiten o sufraxio nin a homes nin a mulleres:
Arabia Saudita
Brunei Darussalam
Emiratos Árabes Unidos
Líbano: De 1952 a 1957, as mulleres requiren unha proba educativa, os homes non. O voto era obrigatorio para os homes e opcional para as mulleres durante estes cinco anos[1].
Sufraxistas
Os e as sufraxistas foron a miúdo membros de diferentes asociacións co mesmo obxectivo, aínda que usando diferentes tácticas. Por exemplo, as sufraxistas británicas caracterizábanse por un tipo de defensa máis combativa. Noutros países o sufraxio feminino logrouse dende as institucións do estado mediante leis que foron impulsadas directamente por mulleres na política como o caso de España con Clara Campoamor ou a Arxentina con Eva Perón.
Os primeiros obxectivos do movemento feminista seguiron sendo os mesmos: a incorporación da muller ao traballo durante a primeira guerra mundial, o dereito de voto, a mellora da educación, a capacitación profesional, a apertura de novos horizontes laborais, a equiparación de sexos na familia como medio de evitar a subordinación da muller e a dobre moral sexual. A gran novidade viu da ampla mobilización colectiva que soubo dirixir o movemento sufraxista en determinados países.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads