Anguila

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anguilamap
Remove ads

Anguila[1] (/æŋˈɡwɪlə/) é un Territorio Británico de Ultramar no Caribe.[2] É unha das Illas de Sotavento máis ao norte das Antillas Menores, situada ao leste de Porto Rico e as Illas Virxes e directamente ao norte de San Martiño.[3] O territorio está formado pola illa principal de Anguila, aproximadamente de 26 km. de longo por 5 km de ancho no seu punto máis ancho, xunto cunha serie de illas moito máis pequenas e caios sen poboación permanente. A capital do territorio é The Valley.[4] A superficie terrestre total do territorio é de 91 km²,[5] cunha poboación de aproximadamente 15,753 (2021).

Datos rápidos Himno, Lema ...
Remove ads

Etimoloxía

O nome nativo da illa en lingua Arawak era Malliouhana.[3]

En referencia á forma da illa, utilizouse o italiano anguilla, que significa "anguía" (á súa vez, do diminutivo latino de anguis, "serpe")usouse como nome. [6][6][7][8]

Historia

Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes.

Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.

Remove ads

Economía

As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal.

Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.

Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.

Xeografía

O arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.

O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °C. As illas principais son:

Thumb
Mapa de Anguila
Remove ads

Outros datos

A esperanza de vida é de 76,7 anos.

A defensa do país é responsabilidade do Reino Unido.

A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana.

Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads