Saint Kitts e Nevis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Saint Kitts e Nevis (i/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/)[1] (en inglés: Saint Kitts and Nevis e oficialmente Saint Christopher and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[2] O país é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como rei e xefe do Estado.[3][4]
A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[5] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[6]
A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[7] Ao norte-noroeste atópanse as illas de Santo Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antiga e Barbuda) e a illa de Montserrat.
Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]
Remove ads
Historia
- Artigo principal: Historia de Saint Kitts e Nevis.
Saint Kittts, ou San Cristovo, denominábana os nativos orixinarios Liamuiga mentres Nevis recibía orixinarimamente o nome de Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.
As illas tornáronse colonias do Reino Unido no 1624. Nevis foi colonizada no 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.
San Cristovo, Nevis e Anguila, tornáronse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.
Remove ads
Política
- Artigo principal: Política de Saint Kitts e Nevis.
Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.
O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Nevis) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.
O país forma parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Leste (OECS).
Remove ads
Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións de Saint Kitts e Nevis.
Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:
- San Cristovo (Saint Kitts)
Christ Church Nichola Town - Saint Anne Sandy Point - Saint George Baseterre - Saint John Capisterre - Saint Mary Cayon - Saint Paul Capisterre - Saint Peter Baseterre - Saint Thomas Middle Island - Trinity Palmetto Point.
- Nevis
Saint George Gingerland -
Saint James Windward -
Saint John Figtree -
Saint Paul Charlestown -
Saint Thomas Lowland -
Xeografía
Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis


O país está formado por dúas illas antillanas principais, Saint Kitts e Nevis, separadas por unha distancia de 3 km. polo estreito de The Narrows.[8] Ambas son de orixe volcánica, con grandes picos centrais cubertos de selva tropical.[9] A maioría da poboación vive ao longo das zonas costeiras máis planas.[9] St Kitts contén varias cadeas montañosas (a North West Range, Central Range e South-West Range) no seu centro, onde está o pico máis alto do país, o Monte Liamuiga con 1156 m..[8] Ao longo da costa leste pódense atopar os outeiros Canadá e Conaree. A terra estreitase considerablemente no sueste, formando unha península moito máis plana que contén a maior masa de auga, a Great Salt Pond. Ao sueste, en The Narrows, atópase a pequena illa de Booby Island. Son numerosos os ríos que descenden das montañas de ambas illas, que proporcionan auga doce á poboación local. Nevis, a máis pequena das dúas illas principais e de forma aproximadamente circular, está dominada polo Nevis Peak 985 m.[9]
O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.
É o país máis pequeno de América.
Remove ads
Economía
Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis
O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.
San Cristovo e Nevis é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.
Demografía
- Artigo principal: Demografía de Saint Kitts e Nevis.
A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos da África Occidental.
A maioría da poboación é cristiá, principalmente anglicanos, aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a igrexa católica.
O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads