Angüiliformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Angüiliformes
Remove ads

Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.

Máis información Clasificación científica, Subordes ...

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o Cretáceo medio.

O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".

A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

Remove ads

Características

Presentan un corpo tipicamente moi alongado, serpentiforme (morfoloxía á que debe o nome do grupo). Adoitan teren a pel núa, sen escamas, e cando as teñen son de tipo cicloide, e están embebidas na pel.[2][3]

A abertura das branquias adoita ser moi estreita e desprazada no corpo cara a atrás; os maxilares posúen dentes ben formados en toda a boca. Todos teñen vexiga natatoria..[2][3]

Carecen de aletas pelvianas e mesmo do esqueleto no que se basearían estas aletas. As aletas pectorais tamén faltan nalgunhas especies e, aquelas que as presentan, téñenas en posición moi alta.
As aleta dorsal e anal adoitan estaren unidas á caudal, que é pequena e con raios curtos.[2][3]

Remove ads

Clasificación

Thumb
Congro (Conger conger).
Thumb
Morea (Muraena herlena) no Aquarium Finisterrae.

Divídense en tres subordes cun total de 15 familias:[4]

  • Suborde Anguilloidei
    • Familia Anguillidae
    • Familia Heterenchelyidae
    • Familia Moringuidae
  • Suborde Muraenoidei
    • Familia Chlopsidae
    • Familia Muraenidae
    • Familia Myrocongridae
  • Suborde Congroidei
    • Familia Colocongridae
    • Familia Congridae
    • Familia Derichthyidae
    • Familia Muraenesocidae
    • Familia Nemichthyidae
    • Familia Nettastomatidae
    • Familia Ophichthidae
    • Familia Serrivomeridae
    • Familia Synaphobranchidae
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads