Cóngridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos cóngridos (Congridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes que se distribúen polas costas das zonas tropicais, subtropicais e temperadas dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[1]
Coñecidos polo nome popular de congros, apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretáceo superior.[2]
O congros son valiosos e a miúdo grandes peixes comestíbeis, aínda que algunhas especies da familia, de dimensións máis reducidas e que viven en colonias afundiodos na area ou a lama do fondo, do que só sobresae é unha pequena porción da cabeza e a parte anterior do tronco, a maneira das plantas dun xardín (de aí o nome co que se as coñece en inglés, garden eels, é dicir, anguías de xardín).[3]
As principais características das especies da familia son a súa forma alongada, serpentiforme, o careceren de escamas e, as máis delas, por posuíren pequenas aletas pectorais. Aliméntanse de crustáceos, cefalópodos e peixes pequenos e, a diferenza doutros angüiliformes, non migran para reproducírense.[4]
A familia comprende unhas 180 especies reunidas en 32 xéneros.
O congro comnún, congro europeo ou, simplemente, congro, Conger conger, é o membro de maior tamaño da familia, que pode chegar a medir até 3 m de lonxitude e pesar máis de 30 kg.[5]
Remove ads
Clasficación
Familia Congridae
- Subfamilia Bathymyrinae
- Xénero Ariosoma
- Xénero Bathymyrus
- Xénero Chiloconger
- Xénero Kenyaconger
- Xénero Parabathymyrus
- Xénero Paraconger
- Subfamilia Congrinae
- Xénero Acromycter
- Xénero Bassanago
- Xénero Bathycongrus
- Xénero Bathyuroconger
- Xénero Blachea
- Xénero Castleichthys
- Xénero Conger
- Xénero Congrhynchus
- Xénero Congriscus
- Xénero Congrosoma
- Xénero Diploconger
- Xénero Gnathophis
- Xénero Japonoconger
- Xénero Lumiconger
- Xénero Macrocephenchelys
- Xénero Poeciloconger
- Xénero Promyllantor
- Xénero Pseudophichthys
- Xénero Rhynchoconger
- Xénwro Scalanago
- Xénero Uroconger
- Xénero Xenomystax
- Subfamilia Heterocongrinae
- Xénero Gorgasia
- Xénero Heteroconger
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
