Anguis cephallonica

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anguis cephallonica
Remove ads

Anguis cephallonica é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos,[2] unha das cinco integradas no xénero Anguis.[3]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1894 polo zoólogo e explorador austríaco Franz Werner,[2] no seu traballo "Die Reptilien- und Batrachierfauna der jonischen Inseln". Verhandlungen der Kaiserlich-Königlichen Zoologisch-Botanischen Gesellschaft in Wien 44: 225–237.[4]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4][5]

  • Anguis fragilis var. cephallonica Werner, 1894
  • Anguis fragilis peloponnesiacus Stepanex, 1937
  • Anguis fragilis fragilis Wermuth, 1969
  • Anguis fragilis peloponnesiacus Bischoff & Bischoff, 1980
  • Anguis fragilis peloponnesiacus Meyer, 1985
  • Anguis cephalonnicus Grillitsch & Cabela, 1990 (incorrecto gramaticamente)[6]
  • Anguis cephallonicus Engelmann et al., 1993 (incorrecto gramaticamente)
  • Anguis cephallonicus Arnold, 2002 (incorrecto gramaticamente)
  • Anguis cephalonicus Rutsche et al., 2005 (incorrecto gramaticamente)
  • Anguis cephallonicus Trapp, 2007 (incorrecto gramaticamente)
  • Anguis cephallonicus Kwet & Trapp, 2014 (incorrecto gramaticamente)

Nota taxonómica

Esta especie foi considerada idéntica á súa curmá Anguis fragilis ou como subespecie desta última, co nome de Anguis fragilis peloponnesiacus. Hoxe en día considérase unha especie separada.[7][8]

Remove ads

Distribución e hábitat

Endémica de Grecia,[5] a especie encóntrase no Peloponeso, e nas illas de Cefalonia e Zante.

Os seus hábitats naturais son os bosques e matogueiras temperadas, as zonas de vexetación arbustiva de tipo mediterráneo, as praderías, pastos, as terras cultivadas e os xardíns rurais.[1]

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status deste especie como NT (case ameazada) porque a súa área de distribución probabelmente non sexa moito maior de 20 000 km2, e está perseguida e suxeita a outras ameazas como os incendios, o que fai que a estea preto de cualificala como vulnerábel.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads