Ánguidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ánguidos
Remove ads

A dos ánguidos,[2] Anguidae, é unha familia de réptiles escamosos.[3]

Máis información Clasificación científica, Subfamilias e Xéneros ...

Caracterízanse pola atrofia das patas en numerosas especies, o que non quere dicir que estean directamente emparentados coas serpentes nin coas anfisbenas; trátase, pois, dun notábel caso de converxencia evolutiva.

A súa área de distribución abarca as rexións do hemisferio norte do Vello e o Novo Mundo, América, Asia, Europa e África do Norte.[3]

A maioría das súas especies son terrestres, viven na follaxe e os detritos do solo dos bosques. Hai especies que son ovovivíparas, o cal é particularmente vantaxoso, como protección para os inmaturos, especialmente en zonas de climas fríos e húmidos.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, no seu traballo "A synopsis of the genera of Reptiles and Amphibia, with a description of some new species".[4]

Etimoloxía

O nome científico da familia, Anguidae, está formado, segundo a norma, sobre a raíz Angu- do nome do seu xénero tipo, Anguis, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.[5][6]

Clasificación

Na familia distínguense tres subfamilias, cos xéneros que se indican:[7] Abrangue unhas 100 especies nos 12 xéneros descritos.

Familia Anguidae Gray, 1825

Remove ads

Características morfolóxicas

As características comúns deste grupo inclúen un arco supratemporal reducido, estriacións nas caras mediais das coroas dos dentes, osteodermos, e un pregamento lateral na pel da maioría dos taxons.[8] Os osteodermos, duros, baixo as escamas, dándolle a estes animais un aspecto blindado. Moitas das especies teñen os membros reducidos ou ausentes, o que lles dá unha aparencia de serpe, mentres que outros teñen os membros completamente desenvolvidos.[9] A forma do corpo varía entre as diferentes especies, con tamaños que oscilan entre os 10 cm e os 1,5 m.[8][9]

Remove ads

Alimentación e hábitat

Estes lagartos son carnívoros ou insectívoros, alimentándose principalmente de insectos, aínda que se sabe que as especies máis grandes aliméntanse de pequenos réptiles e anfibios. Habitan nunha ampla gama de hábitats diferentes en todo o mundo, desde os ambientes áridos até os tropicais. A maioría das especies coñecidas son terrestres ou semisubterráneas, coa excepción dun único xénero arbóreo, Abronia.[8]

Reprodución

O grupo inclúe especies ovíparas e vivíparas, que poden presentarse nun mesmo xénero ás veces.[8][9]

Evolución

Thumb
Helodermoides tuberculatus.
Thumb
Esta figura mostra unha filoxenia simplificada das subfamilias dos ánguidos baseada na análise de datos de secuencias de ADN mitocondrial.[10]

Os ánguidos teñen un rexistro fósil relativamente bo, e son relativamente comúns como fósiles no Cretáceo final e o Paleóxeno do oeste de América do Norte. O ánguido máis antigo coñecido, co rexistro fósil máis completo de calquera lagarto, é Odaxosaurus, do Campaniano tardío do Canadá, hai uns 75 millóns de anos. O Odaxosaurus e outros ánguidos do Cretáceo tardío xa presentan moitas características atopadas nos ánguidos actualmente viventes, incluíndo dentes parecidos a ciceis e placas de armadura na pel, o que suxire unha longa historia evolutiva para o grupo. Os ánguidos foron particularmente diversos durante o Paleoceno e o Eoceno en América do Norte.[8]

Algunhas especies, como as pertencentes ao xénero Glyptosaurus, dunha extinta subfamilia de ánguidos, creceron a até chegar a teren grandes dimensións, e evolucionaron cunha dentición esmagadora altamente especializada.[8]

O longo rexistro fósil dos ánguidos en América do Norte suxire que o grupo probabelmente evolucionou alí durante o Cretáceo, antes de dispersarse a Europa no Paleóxeno.

Remove ads

En Galicia

En Galicia unicamente vive unha especie, Anguis fragilis, concretamente da subespecie Anguis fragilis fragilis Linnaeus, 1758.[11]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads