Angoulême
cidade francesa do departamento de Charente From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Angoulême é un concello do departamento Charente e da rexión de Poitou-Charentes, Francia, atravesado polo río Charente. Ten 43.100 habitantes (1999).
Remove ads
Historia
Angoulême (Iculisma) conquistouna Clodoveo I aos visigodos no ano 507, os normandos conquistárona no século IX. En 1360 polo Tratado de Brétigny pasou a poder inglés, pero foron expulsados en 1373 polas tropas de Carlos V de Francia, que deu á cidade numerosos privilexios. Durante as Guerras de Relixión resultou duramente afectada, en especial en 1568 cando os protestantes a capturaron. O condado de Angoulême data do século IX, a liñaxe de William Taillefer retivo o condado ata o século XII. Pasou ao rei Xoán de Inglaterra polo seu matrimonio coa filla do Conde Adhémar. En 1220 pasou á familia Lusignan, condes de Marche. En 1302 pasou á coroa. En 1394 o condado pasou á casa de Orleáns, un dos seus membros, Francisco I de Francia, converteuse en rei de Francia en 1515.
Remove ads
Arquitectura
Conserva numerosos edificios medievais, entre eles a catedral de Saint-Pierre (século XII).
Administración
O alcalde de Angoulême é Xavier Bonnefont, do conservador Unión por un Movemento Popular, que en 2014 substituíu o socialista Philippe Lavaud[1].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads