Antonio Mercero

Director e guionista de cine español, de orixe vasca From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonio Mercero
Remove ads

Antonio Mercero Juldain, nado en Lasarte-Oria o 7 de marzo de 1936 e finado en Madrid o 12 de maio de 2018,[1] foi un director e guionista de cine e televisión de orixe vasca.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu en Lasarte-Oria, Guipúscoa. Licénciase en Dereito na Universidade de Valladolid en 1958 e obtivo o título de Director de cine na Escola Oficial de Cine de Madrid en 1962. Debutou profesionalmente ese mesmo ano coa curtametraxe Lección de arte, coa que conseguiu o seu primeiro premio no Festival de San Sebastián. En 1963 dirixiu a súa primeira longametraxe Se necesita un chico, presentada no Festival de Bordighera (Italia) e de 1966 a 1970 rodou varios documentais para televisión.

Cabe salientar a súa película La cabina con José Luis López Vázquez en 1972. En 1970 comezou a realizar en TVE programas de ficción, sendo director das series de televisión como Verano azul (19 episodios), Crónicas de un pueblo (52 episodios) e Farmacia de guardia, todas elas con grande éxito e recoñecemento.

É pai de Antonio Santos Mercero, guionista de televisión coñecido por series como Hospital Central ou Lobos.

Remove ads

Filmografía

Premios

  • 2010 Premio Goya de honra.[2]
  • 2003 Festival de Cine de Montreal. Premio ó mellor director por Planta cuarta.
  • Premio Emmy, outorgado pola Academia Nacional de Televisión e Ciencias de Nova York en 1973 por La cabina.[3]
  • Mellor programa dramático do Canal 47 de Nova York (1973).
  • Premio da Crítica Internacional do Festival de Montecarlo (1973).
  • Premio Marconi de Mifed de Milán (1973)
  • Quixote de Ouro Mellor Director, concedido pola crítica española en 1972.
  • Premio Nacional 1972.
  • Premio Ondas 1972.
  • Antena de Ouro 1972.
  • Premio TP de Ouro 1972.
  • Mención Especial no Festival de Cork (Irlanda)
  • Premio do Sindicato Nacional do Espectáculo.
  • A curtametraxe Lección de Arte, obtén a Cuncha de Ouro e a Perla do Cantábrico no Festival de Cine de San Sebastián (1962).
  • Premio na Bienal de Arte de París en 1965 pola súa práctica de fin de Carreira Trotín Troteras.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads