Azucre glas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Azucre glas
Remove ads

O azucre glas é un azucre que se comercializa en forma de po moi fino, con ou sen adición de antiaglutinantes, moi utilizado para decorar preparacións de confeitaría[1]. Os cristais dun diámetro inferior a 0,15 mm. con engadido de 2 ou 3% de amidón.

Datos rápidos Produto, Identificadores ...
Thumb
Torta de Santiago, coa típica representación sobreimpresa en azucre glas da cruz de Santiago.
Thumb
Biscoito austríaco (Gugelhupf) empoado con azucre glas.

Utilízase en repostaría para cubrir e dar un último toque de decoración a sobremesas ou doces. É típica na galega torta de Santiago[2]. A mestura con auga quente e limón produce a glasa coa que se decoran sobremesas coma o apfelstrudel (unha torta de mazá alemá). Mesturando o azucre glas cunha pouca auga, obtense unha pasta coa que se poden cubrir ou decorar os doces ou pasteis, e que ao enxugar, forma unha fina camada dun elegante brillo abrancazada e crocante. A glasa con azucre glas admite engadidos que permiten obter variantes de cor e de sabores (colorantes alimenticios e sabor a chocolate, vainilla, amorodo etc.).

Pola súa textura extremadamente fina, o azucre glas empoado sobre un doce permite que o sabor doce do azucre se derrita instantaneamente na boca, a diferenza do azucre granulado común. Preséntase en diferentes graos de fineza, sendo as máis comúns XXX, XXXX e 10X, tendo en conta que cantas máis X máis fino é o gran[3]. Canto máis finas sexan as partículas, máis humidade é absorbida, o que permite un menor amazocamento. Durante a moenda engádese xeralmente un axente anti-amazocado, normalmente amidón de millo ou fosfato tricálcico, nunha concentración do 3 ao 5%, para absorber a humidade e mellorar o fluxo ao reducir o contacto entre os cristais de azucre[4][5].

O nome é un galicismo que provén do francés glace (que se pronuncia /glas/), empregado na expresión culinaria francesa sucre glace (azucre xeo en galego). De aí procede tamén o seu nome en inglés icing sugar (chamado tamén powdered sugar ou confectioner's sugar). A referencia ao xeo débese ao aspecto do acabado de xeada que este azucre permite dar a moitas preparacións de repostaría. Tamén é coñecido como azucre en po ou azucre pulverizado (Portugal e Colombia), "nevazúcar" (en Venezuela, dos termos nevado e azucre), azucre flor (Chile), azucre impalpable (a Arxentina, Bolivia, Ecuador, Paraguai, o Perú e o Uruguai) e azucre de lustre (Cataluña).

Remove ads

Perigos

Se o azucre glas se mestura con oxidantes obtense unha substancia explosiva. Malia os ións de osíxeno ligados, o azucre pode ligar e funciona como redutor. O perigo que pode orixinar é a miúdo subestimado, xa que a mestura pode estoupar durante a súa elaboración[6].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads