Apollo 4
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Apollo 4 (tamén coñecido como Apolo-Saturno 501 e AS-501), foi o primeiro voo proba sen tripulación do programa Apolo, que tivo lugar o 9 de novembro de 1967 e que usou un lanzador Saturno V como vehículo impulsor,[1] cuxa terceira fase ía ser posta en marcha, despois de permanecer parada en órbita de aparcamento e ingravidez, para conducir a nave espacial a un punto máximo de afastamento da Terra de 18 340 km. Activouse entón o motor do módulo de mando para que a cápsula alcanzase ao regresar unha velocidade de 40 000 km/h, a mesma que debería levar ao penetrar na atmosfera terrestre e probar os sistemas de protección térmico. O voo foi un éxito técnico.[2]
Este voo debía ser o primeiro lanzamento tripulado, estando previsto o seu lanzamento o 21 de febreiro de 1967.
O 27 de xaneiro de 1967, durante unhas probas simuladas de lanzamento a bordo dun Saturno IB, produciuse un incendio na cápsula de mando no cal pereceron queimados os tripulantes Virgil Grissom (comandante da nave), Edward White e o doutor Roger Chaffee.
O incendio, acaecido cando apenas quedaban 10 minutos para finalizar a conta atrás e tras un simulacro real de 5 horas e 45 minutos, debeuse posiblemente a un curtocircuíto que inflamou a atmosfera de osíxeno puro ao 100%, que unido ao deficiente illamento dos cables, ás tubaxes mal deseñadas e protexidas, a falta de sistemas de evacuación de emerxencia, así como á carencia de sistemas antiincendios e de asistencia de urxencia, produciron a morte dos tripulantes por asfixia.
Na primavera de 1967 a NASA anunciou que a desafortunada misión Apolo IV pasaría a chamarse Apolo 1, que non habería Apolo 2 nin Apolo 3, e que o primeiro lanzamento do Saturno V programado para novembro de 1967 sería coñecido como Apolo 4, e o seguinte sería o Apollo 5 coa misión SA-204.

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads