App Store (macOS)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A App Store (tamén coñecida como macOS App Store) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións para macOS, desenvolvida por Apple Inc. Foi anunciada o 20 de outubro de 2010 no evento Back to Mac e lanzouse oficialmente o 6 de xaneiro de 2011.[1] Apple comezou a recibir solicitudes de aplicacións de desenvolvedores rexistrados o 3 de novembro do 2010.[2]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Mac App Store lanzouse o 6 de xaneiro do 2011 como parte da actualización gratuíta 10.6.6 de Mac OS X Snow Leopard. Despois de 24 horas de lanzamento, Apple anunciou que había máis dun millón de descargas.
O 4 de xuño de 2018, Apple anunciou unha nova versión da App Store para macOS Mojave[3].
Remove ads
Características
Do mesmo xeito que as App Store para o iPhone e para o iPad, a Mac App Store mantívose sempre actualizada. Os desenvolvedores teñen a posibilidade de agregar novas funcións a súas aplicacións para mellorar o seu funcionamento ou agregar novas funcións. Esta plataforma é un modelo adaptado que provén da App Store para dispositivos iOS e que permite aos usuarios:
- Comprar, descargar e instalar - A habilidade de comprar, descargar e instalar aplicacións.
- Volver a descargar - Instalar aplicacións previamente compradas outra vez nos equipos de Apple.
- Actualizar - A posibilidade de actualizar unha ou varias aplicacións ao mesmo tempo.
Remove ads
Restriccións
Ao igual que a App Store móbil, a Mac App Store é regulada e supervisada por Apple. As aplicacións deben pasar por un proceso de aprobación antes de estar dispoñibles. Apple non acepta:[4][5]
- Programas que cambien a interface nativa ou o comportamento do sistema.
- Programas que non cumpran coas normas de interface da Apple Macintosh Human Interface.
- Programas similares en aparencia ou funcionamento a produtos de Apple (Mac App Store, Finder, iTunes, iChat etc..)
- Programas similares a outros que se atopen dispoñibles na App Store.
- Programas que conteñan ou mostren contido para adultos.
- Programas que instalen compoñentes compartidos (extensións de kernels, complementos de navegador, complementos para QuickTime etc..)
- Programas que provexan de contidos ou servizos.
- Versións beta, demos e probas.
- Programas que utilizan tecnoloxías obsoletas como Java o PowerPC software (o cal require Rosetta).
Remove ads
Clasificación das aplicacións
Do mesmo xeito que en iOS, Apple clasifica as aplicacións en todo o mundo en función do seu contido e determina o grupo de idade apropiado, macOS permite o bloqueo de aplicacións inaceptables nas preferencias do sistema. As seguintes son as clasificacións:
Notas
Véase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads