Applications Technology Satellite 6
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Applications Technology Satellite 6 ou ATS 6 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 30 de maio de 1974 mediante un foguete Titan IIIC desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.
Remove ads
Características
A misión principal de ATS-6 foi despregar unha antena direccionable de alta ganancia en órbita para proporcionar comunicacións mediante o sinal de televisión a receptores terrestres e medir e avaliar o funcionamento da antena.[2]
Como misión secundaria, adicouse a realizar experimentos sobre control aéreo, comunicacións por láser e fotografado da Terra.[2]
O satélite levaba a bordo un motor de ións de cesio para medir o seu pulo e a compatibilidade electromagnética con outros subsistemas da nave. O propulsor medía 8 cm de diámetro e foi deseñado para funcionar a 0,15 kW de potencia, proporcionando 4,5 mN de forza cun impulso específico de 6700 segundos. A voltaxe de entrada no motor era de 5600 voltios e a cantidade de propelente a bordo era de 3,6 kg. En probas previas en terra o récord de funcionamento era de 2614 horas. No ATS-6 o motor funcionou 92 horas debido á finalización prematura do experimento por problemas co sistema de alimentación do propelente.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads