Arabinosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A arabinosa é un monosacárido de cinco carbonos cun grupo aldehido polo que pertence ao grupo das aldosas, concretamente ás aldopentosas.
Ten dous enantiómeros, D e L, e o máis frecuente na natureza é a L-arabinosa, que é un dos constituíntes da pectina e a hemicelulosa, e pode encontrarse principalmente na goma arábiga. Esta predominancia do isómero L é unha excepción dentro dos monosacáridos, xa que nestas substancias o normal é que o máis abundante sexa o D. A súa isomería óptica non coincide coa D/L, xa que o isómero D-(-)-arabinosa desvía o plano da luz polarizada á esquerda e o isómero L-(+)-arabinosa desvíao á dereita. A arabinosa é epímero da ribosa no carbono 2.
O operón da L-arabinosa é de grande importancia en bioenxeñaría e en diversas técnicas de bioloxía molecular[2].
O sistema clásico para a síntese orgánica de arabinosa a partir de glicosa é o proceso coñecido como degradación de Wohl [3].
A arabinosa emprégase como fonte de carbono en moitos cultivos bacterianos.
Facilita a expresión da proteína fluorescente verde (GPF) usada como biomarcador en moitos estudos. En organismos transxénicos o xene da GPF comparte un promotor cun xene para metabolizar arabinosa, polo que o xene da GPF se expresa en presenza de arabinosa.
O seu nome procede do da goma "arábiga", de onde foi illada por primeira vez.

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

