Arco, Renfe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arco foi un servizo comercial de viaxeiros de Renfe Operadora en España. Usaba trens que xurdiron dunha profunda transformación realizada aos coches B11x-10200 (serie 10000 de segunda clase) de Renfe, dotándoos de novos bogies aptos para 220 km/h. En esencia son unha versión mellorada do Diurno.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arco.

Remove ads
Historia
O proxecto Arco foi lanzado por Renfe no ano 2001, cando decidiu crear un servizo de Longa Distancia entre Portbou, Barcelona, Valencia, Alacant e Murcia, para complementar a trens Talgo e Euromed facendo máis paradas intermedias.
Para iso, Renfe colleu 41 coches B11x-10200 (pertencentes á Serie 10000) e nas súas instalacións de Los Prados (Málaga) levou a cabo a súa reforma, que consistiu nunha total renovación do interior, carenado dalgúns elementos, e uns bogies totalmente innovadores para os coches de viaxeiros de Renfe, que son unha modificación do bogie GC-1 de CAF, son denominados GC-3 e permiten alcanzar os 200 km/h cun alto grao de confort para o viaxeiro. Nace así a Serie 2000.
A parte do Arco Portbou-Alacant mencionado anteriormente, créase no mesmo ano o servizo Arco García Lorca, que substitúe ao antigo Diurno do mesmo nome; o nome cámbiase de "Diurno" a "Arco" xa que no canto de usarse coches Serie 9000 usaranse os renovados Serie 2000, máis modernos e con maior velocidade máxima. O principal inconveniente vén cando se producen problemas de freado no tren a grandes velocidades cando a composición supera os tres coches de lonxitude. Estes problemas non son solucionados e o Arco García Lorca é limitado a 160 km/h, igual que o anterior «Diurno».
A partir de maio de 2008, o Diurno A Coruña/Vigo-Irún/Bilbao foi substituído polo Arco Camiño de Santiago, que facía o mesmo percorrido pero con coches da Serie 2000. Na actualidade este mesmo tren opera baixo a marca Intercity.
Nalgunhas ocasións completáronse os trens Arco con coches da serie 9000, de inferior calidade.
Remove ads
Datos técnicos
Fabricantes | RENFE, CAF |
Unidades fabricadas | 41 |
Ano de posta en servizo | 1999 |
Velocidade máxima | 220 km/h |
Velocidade comercial | 200 km/h |
Número de prazas | A9t-2000 56 prazas en clase Preferente B10t-2200 80 prazas en clase Turista Br3t-2800 21 prazas en clase Turista + 1 praza P.M.R |
Manga de calefacción | si, a 3 kV (CC) |
Ancho de vía | 1.668 mm |
Servizos prestados
Arco Camino de Santiago
O Arco Camino de Santiago estaba formado por dúas ramas con destino e orixe diferentes pero que circulaban xuntas entre as estacións de Miranda de Ebro e Ourense. Substituíuse por un Intercity.
Arco A Coruña-Monforte de Lemos
Este tren foi posto en servizo en 2008 para enlazar en Monforte de Lemos co tren diario Alvia que circula entre Barcelona e Vigo. Antigamente o servizo era cuberto por un Talgo que se dividía en Monforte en dúas ramas á Coruña e Vigo, pero coa substitución deste por un Alvia, deixou de prestarse o servizo á Coruña, xa que a vía entre Monforte e A Coruña carece de electrificación.
Deixou de funcionar coa posta en marcha da liña de alta velocidade entre A Coruña e Ourense.
A Coruña-San Cristovo Betanzos-Infesta Curtis Guitiriz Lugo Sarria Monforte de Lemos |
Arco García Lorca
En orixe, o Arco García Lorca era un único tren formado por varias ramas que se axustaban e desacomplaban en diferentes estacións ao longo do percorrido. Desde agosto de 2011 o tren García Lorca foi dividido de modo que só dispuña de dúas ramas: unha Barcelona-Málaga e unha Barcelona-Sevilla, que se unían en Córdoba. Desde entón as ramas de Badaxoz, Granada e Almería eran trens Arco independentes que tiñan transbordo garantido á composición principal.
O 11 de setembro de 2011, os trens Arco das dúas ramas Barcelona-Málaga e Barcelona-Sevilla foron substituídos por dúas composicións da serie 490 de Renfe en servizo Alaris, que tamén circulan axustadas a partir de Córdoba. Afórrase algo máis dunha hora en ambos os traxectos co cambio xa que estas composicións si chegan aos 200 km/h, mentres que os coches Arco só alcanzaban esta velocidade con composicións máis curtas das utilizadas no García Lorca; os prezos subiron lixeiramente con respecto ás tarifas aplicadas nos trens Arco. A cambio, a cantidade de prazas á venda diminuíu, pasouse dunha oferta de 620 prazas a unha de 320, a pesar da boa ocupación do servizo.
A rama de Granada e Almería circulaba alternativamente, saíndo pola mañá dunha cidade en dirección Linares-Baeza e regresando pola tarde á cidade contraria. Os martes non circulaba. No cambio de horarios do 11 de decembro de 2011 foron substituídos por trens de Media Distancia no mesmo percorrido.
Arco Portbou-Murcia
Foi o primeiro servizo Arco creado, e unía Portbou con Barcelona, Valencia, Alacant e Murcia, a través do Corredor mediterráneo. Circulou desde o ano 2001 ata o 2008, cando foi substituído por unha unidade Serie 490 en servizo Alaris que xa só unía Barcelona con Alacant, sen chegar a Portbou e Murcia. A composición deste Arco era fixa de tres coches: un de clase Preferente, un de clase Turista, e no centro da composición un coche mixto Cafetería/Turista; eran arrastrados sempre por locomotoras Serie 252. A esta composición si se lle permitía alcanzar os 200 km/h xa que a formaban só tres coches.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arco, Renfe |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads