Arco da vella

fenómeno óptico e meteorolóxico que produce a aparición dun espectro de frecuencias de luz continuo no ceo From Wikipedia, the free encyclopedia

Arco da vella
Remove ads

O arco da vella, arco iris ou contrasol é un efecto óptico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores, desde o vermello até o violeta, cubrindo todo o espectro visíbel de luz, e que se produce como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e máis da chuvia.

Thumb
Arco da vella nunha fervenza.
Thumb
Arco da vella. Galicia.

A explicación deste meteoro atópase na dispersión cromática que provocan as pingas de auga condensada presentes no aire, descompoñendo os raios policromáticos procedentes do sol, e desviando o raio correspondente a cada cor cun ángulo diferente. Isto á vez débese á dependencia que exhibe o índice de refracción da auga respecto da frecuencia, longura de onda ou cor da luz, resultando en diferentes ángulos de refracción para as diferentes cores.

Thumb
Dispersión cromática da luz solar por unha pinga de auga (só a que dá orixe o arco primario)

Como se pode ver no esquema seguinte, o arco da vella é unha ilusión óptica no senso de que a imaxe que resulta da descomposición espectral, fórmase na zona onde se sitúa o observador. Se un fai a proba e acode ao lugar onde semella repousar a parte vermella do arco da vella, non vai atopar luz vermella, só as pingas e a luz case aínda sen descompoñer.

Thumb
Formación do arco da vella
Thumb
Formación do arco da vella primario (interior, máis visible) e secundario (exterior, máis tenue). Ilustración de René Descartes.

Outro fenómeno asociado a este é o arco da vella secundario, que aparece a 50-53 graos respecto do primario (o habitual) e cuxa característica máis rechamante é presentar as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga (pódese ilustrar trazando os raios na pinga da figura de enriba ou nun prisma se se prefire). Só é visíbel cando o primario é moi intenso, senón a luz que sofre esta reflexión é escasa e non se percibe.

Thumb
Arco da vella primario e secundario (nótese a inversión das cores no segundo)
Remove ads

Visibilidade

Os arcos da vella pódense observan sempre que haxa pingas de auga no aire e a luz solar veña por atrás do observador nunha baixa altura. Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está aínda escuro polas nubes de chuvia e o observador está situado nun punto co ceo claro na dirección do sol, o resultado é un arco da vella luminoso que contrasta co fondo escuro.

Thumb
Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. Aínda que para o ollo humano as cores reflectidas nun arco da vella lunar son máis tenues, semellando abrancazadas, en fotografías de longa exposición pódense apreciar ben diferenciadas as cores

O efecto do arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas ou fontes. Ademais, o efecto pódese crear artificialmente dispersando pingas de auga no aire nun día de calor. Os arcos da vella lunares son raros pero ás veces pódense observar en noites de lúa chea aínda que con cores máis tenues, xa que a percepción visual dos humanos para as cores é pobre con pouca luz e xa que logo os arcos da vella lunares percíbense como brancos[1].

Remove ads

Aparece citado na Biblia, como representación da paz que Deus mandou ós homes tralo Diluvio. Xa en Roma contaban que bebía a auga dos ríos e dos mares que logo volvía á terra en forma de chuvia, crenza que Eladio Rodríguez di que se mantiña na Galicia do século XX e que defendera o padre Sobreira. Elixio Rivas Quintas recolleu a seguinte frase de Plauto: "Mira cómo bebe esa vella encorvada", refiríndose ó arco iris.

Crese tamén que a tal vella utilizaba o arco para baixar á terra e levarse algún meniño ou unha moza, de onde vén a cantiga popular para defenderse: Arco da vella, vaite de aí, que as nenas bonitas non che son pra ti.

Finalmente, outra crenza popular relacionada co arco da vella é a existencia dun tesouro agochado alí onde o arco toca a terra.

Constantino García[2] e Xesús Alonso Montero[3] recolleron tamén as seguintes variantes arco de vella, arco das vellas, arco de vellas e arco das bruxas. Cando o arco da vella é de maior tamaño denomínano arco das mozas ou arco das novas; e cando é dobre, o de cores máis tenues chámase arco novo. Outras variantes que recollen os mesmos autores son: arco de colores, arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, barco da vella (ou de vellas), circo da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da vella, seña da auga, a ponte coloreada e as sete colores.

Alonso Montero insiste en que a forma arco iris non é ningún castelanismo.

Refraneiro

Thumb
Arco da vella,/ vaite de aí, que as nenas bonitas non son pra ti
  • Arco á cea, boa noite espera.[4]
  • Arco á matiña, á tarde tromentiña.[4]
  • Arco á matiña, alista a capotiña.[4]
  • Arco da vella á cea, boa noite espera.[4]
  • Arco da vella a levante, fala ós bois para adiante.
  • Arco da vella á mañanciña, prepara a capotiña.[4]
  • Arco da vella á serra, boa noite espera.[4]
  • Arco da vella, auga na terra. [5]
  • Arco da vella, nin chove nin neva. [6]
  • Arco da vella no levante, fala ós bois pra diante.
  • Arco da vella no poñente, ceiba os bois e vente. [7]
  • Arco da vella ó anoitecer, bo día ó amañecer.[4]
  • Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer.[8][5]
  • Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante.
  • Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día. [5]
  • Arco da vella ó poñente, amarra a lancha e vente.[4]
  • Arco da vella ó poñente, colle as artes e vente.[4]
  • Arco da vella ó poñente, forza de remos e vente.[4]
  • Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente.
  • Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente.[7][9]
  • Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente. [7]
  • Arco da vella ó poñente, mariñeiro ¡alerta! [4]
  • Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé.[4]
  • Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente. [7]
  • Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente. [10]
  • Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente. [7]
  • Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente.[8][5][11]
  • Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante.
  • Arco da vella ó raiante, ¡ei, boi! ¡ei!, pra adiante. [5]
  • Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante.
  • Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente.
  • Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante.
  • Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente.
  • Arco da vella pola mañá, auga á tarde.[8]
  • Arco poñente, colle o boi e vente. (UCA2:24; VS) [7][12]
  • Cando estea o arco iris ó frente, vira os bois e vente.[13]
  • O arco da vella ó poñente, fala ós bois e vente. [7]
  • Ó poñente, ceiba os bois e vente.[14]
  • Se o arco da vella se pon ó poñente, colle os bois e vente. [15][16]

Cantigueiro

  • Arco da vella ó raiante,/ anda, anda, boi, pra diante;/ arco da vella ó poniente/ ceiba a parexa e vente.
  • Arco da vella,/ revolve na terra. / Col dido monín,/ que non chova por min./ Col dido polgar,/ que chova nel mar.
  • Arco da vella,/ vaite de aí,/ que as mozas de agora/ non son para ti.
  • Arco da vella,/ vaite de aí, que as nenas bonitas non son pra ti.
  • Arco da vella,/ vaite de aí,/ que andan os porcos/ a fosar en ti.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads