Arconte epónimo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Na constitución ateniense, o arconte epónimo (ἄρχων ἐπώνυμος / epốnumos Arkhon ou ὁ ἄρχων / ho Arkhon, literalmente "o arconte", sen maior precisión) era o máis importante dos arcontes. Denominábase "epónimo" porque o seu nome era o que se empregaba como referencia anual para os arquivos e os documentos públicos; de xeito moi semellante a como se fará, posteriormente en Roma cos cónsules.

Tiña ao seu cargo a administración civil e a xurisdición pública. Aínda que non se coñecen con exactitude as súas funcións porque adoitaban estar mesturadas dentro do arcontado, semella que se ocupaba do teatro, nomeando mecenas e gañadores de tetraloxías, e que era o titor das viúvas e os orfos e supervisaba os litixios familiares. E que, nas funcións de tipo xudicial, era o encargado polo estado en protexer a aqueles que non se podían defender.[1]

A continuación lístanse os arcontes epónimos de Atenas:

Remove ads

Arcontes vitalicios (Medóntidas)

  • Medonte (Μέδων) (-1068 a -1048).
  • Acasto (Ἄκαστος) (-1048 a -1012).
  • Arquipo (-1012 a -993).
  • Tersipo (-993 a -952).
  • Forbas (Φόρβας) (-952 a -922).
  • Megacles (Μεγακλῆς) (-922 a -892).
  • Diogneto (-892 a -864).
  • Ferecles (-864 a -845).
  • Arifrón (-845 a -825).
  • Tespios (Θεσπιεύς) (-825 a -797).
  • Agamestor (-796 a -778).
  • Esquilo (Αἰσχύλος) (-778 a -755).
  • Alcmeón (Ἀλκμαίων) (-755 a -753).

Arcontes decenais

No -753, o arcontado vitalicio (esencialmente unha monarquía) foi limitado a dez anos.

-753 a -743Carops
-743 a -733Esímides
-733 a -723Clídico
-723 a -713Hipómenes
-713 a -703Leócrates
-703 a -693Apsandro
-693 a -683Erixias

Arcontes anuais

A partir do -683 o arcontado foi limitado a un ano. Os arcontes eran elixidos entre os areopaxitas.

Máis información Ano, Eventos notábeis durante o seu mandato ...

Tito Flavio Mondón Flieo foi o último arconte coñecido. Tras el, o posto foi probabelmente abolido.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads