Argopecten
xénero de moluscos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Argopecten é un xénero de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos pectininos e tribo dos equipectininos.[2]


Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1889 polo malacólogo italiano Tommaso Di Maria Monterosato, no seu traballo:
- Monterosato, T. A. di M. (1889): "Coquilles marines marocaines". Journal de Conchyliologie 37 (1): 20-40.[2]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Agropecten [sic] (erro ortográfico)
- Chlamys (Argopecten) Monterosato, 1889
- Pecten (Plagioctenium) Dall, 1898
- Plagioctenium Dall, 1898
Especies
Na actualidade dentro do xénero recoñécense as especies seguintes:[2]
- Argopecten gibbus (Linnaeus, 1758)
- Argopecten irradians (Lamarck, 1819)
- Argopecten lineolaris (Lamarck, 1819)
- Argopecten noronhensis (E. A. Smith, 1885)
- Argopecten nucleus (Born, 1778)
- Argopecten purpuratus (Lamarck, 1819)
- Argopecten sugillatus (Reeve, 1852)
- Argopecten ventricosus (G. B. Sowerby II, 1842)
Remove ads
Características
As especies de Argopecten teñen unha cuncha formada por dúas valvas circulares, cunha soa impresión muscular ben desenvolvida.[3]
Ambas as valvas son grosas e están ben calcificadas, non son simétricas e presentan os bordos denticulados e as costelas dorsais moi marcadas.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads