Eoceno

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Eoceno,[2] unha división da escala temporal xeolóxica, é unha época xeolóxica da historia da Terra, a segunda do período paleóxeno na era cenozoica.

Máis información Era, Período ...

Comprende o tempo entre o final do paleoceno (hai 55,8 ± 0,2 millóns de anos) e o principio do oligoceno (hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos).[3][4][5][6]

Durante esta época formáronse algunhas das cordilleiras máis importantes do mundo, como os Alpes ou o Himalaia, e aconteceron varios cambios climáticos importantes como o máximo térmico do Paleoceno-Eoceno, que aumentou a temperatura do planeta e delimita o inicio desta época xeolóxica, o evento Azolla, un arrefriamento global que daría paso ás primeiras glaciacións, ou eventos de extinción masiva como a Gran Ruptura (en francés Grande Coupure, que marca o final do eoceno.

As aves predominaban sobre os demais seres, e os primeiros cetáceos comezaron o seu desenvolvemento. Ademais, a especie de serpente máis grande que existiu data do eoceno. Nesta época xeolóxica produciuse tamén unha grande expansión e diversificación das formigas. A Antártida comezou a época rodeada de bosques tropicais, e o finalizou coa aparición dos primeiros casquetes polares. Existen multitude de xacementos paleontolóxicos en diversos lugares do mundo que confirman estes feitos, como o sitio fosilífero de Messel, en Alemaña, ou a Formación Green River, en Norteamérica.

Remove ads

Etimoloxía

O nome eoceno, definido polo xeólogo británico Charles Lyell, provén das palabras gregas ἠώς eós, 'alba' e καινός kainós, 'novo', facendo referencia á aparición das ordes modernas de mamíferos durante esta época.

Subdivisións

O eoceno adoita subdividirse informalmente en eoceno inferior (ypresiense), eoceno medio (luteciense e bartoniense), e eoceno superior (priaboniense). É menos frecuente subdividilo en inferior e superior unicamente. Neste caso, o luteciense pasaría a formar parte do eoceno inferior, mentres que o bartoniense faría o propio no eoceno superior.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads