Aristide Briand

político francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Aristide Briand
Remove ads

Aristide Briand, nado en Nantes o 28 de marzo de 1862[1] e finado en París o 7 de marzo de 1932 foi un político francés considerado un dos precursores da unidade europea.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Briand naceu nunha familia humilde, no número 12 da rúa Marchix, un barrio de xente necesitada, onde os seus pais traballaban nunha pousada. Tras rematar os estudos primarios no colexio de Saint-Nazaire, comezou os secundarios no instituto de Nantes, durante estes anos coñeceu ao escritor Jules Verne. Despois de rematar o bacharelato comezou a estudar dereito e converteuse en secretario, volvendo a Saint-Nazaire, fíxose amigo de Eugène Courroné, director da Démocratie de l'Ouest e converteuse no director de l'Ouest Républicain, involucrouse na política cos socialistas radicais. Elixírono concelleiro en Saint-Nazaire o 6 de maio de 1888 e renunciou o 22 de febreiro de 1889.

Preto do sindicalismo revolucionario e gran defensor da folga xeral, converteuse en deputado socialista de Saint-Étienne en 1902. En 1904 deixou o seu posto de secretario xeral do Partido socialista francés. Xogou un importante papel na laicización, propoñendo ao Senado a Lei francesa de separación da Igrexa e o Estado de 1905. Grazas á súa capacidade de negociación logrou un acordo entre a república laica e parte dos cleros franceses, a pesar da forte oposición do Vaticano.

En marzo de 1906 confióuselle o ministerio de instrución pública, no goberno do radical Sarrien, en contra do consello de Jean Jaurès, que cría que Briand seguiría o mesmo patrón que Millerand en contacto co poder. O nomeamento de Briand foi moi mal visto pola SFIO, que o considerou unha traizón.

De 1906 a 1913, Briand estivo constantemente no goberno: do ministerio de Instrución publica, pasou a Xustiza en xaneiro de 1908, no goberno de Clemenceau (tentou conseguir a abolición da pena de morte), entón converteuse en presidente da Asemblea Nacional coa carteira de Interior en xullo de 1909 ; mantívose neste posto ata marzo de 1913, coa excepción de 1912 onde foi de novo ministro de Xustiza de Raymond Poincaré.

En 1914 confirmou a súa proximidade ao centro, coa creación, xunto con varios dirixentes, do Partido republicano democrático, unha efémera Federación de esquerdas.

Thumb
A tumba de Aristide Briand no cemiterio de Cocherel en Houlbec-Cocherel.

Briand volveu ao goberno a finais de xullo de 1914, primeiro como ministro de Xustiza de René Viviani, despois dende outubro de 1915 a 1917 como presidente da Asemblea Nacional coa carteira de Asuntos Exteriores. Tivo un papel fundamental na primeira guerra mundial.

Figura destacada na década de 1920 e comezos de 1930, foi presidente do Consello en cinco ocasións, ocupando o posto de ministro de Asuntos exteriores en 1921 e de abril de 1925 a xaneiro de 1932. Nesta época aproximouse aos socialistas, cos que estaba distanciado dende 1910.

Foi o seu papel internacional o que lle deu renome. Liderando o pacifismo francés de entreguerras, foi partidario da política de paz e colaboración internacional (Tratados de Locarno, 1925), presidente do Consello da Liga das Nacións, mediador no Incidente de Pétritch[2], coautor do pacto Briand-Kellogg en 1928. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1926, xunto con Gustav Stresemann, en recoñecemento aos seus esforzos para establecer unha paz duradeira.

Remove ads

Funcións no goberno

Máis información Comezo, Fin ...

As cifras da carreira ministerial de Aristide Briand son : 11 veces presidente do Consello e 23 veces ministro.

Sen ter en conta as cifras efémeras do goberno de Alexandre Ribot (9-12 de xuño de 1914), o de Frédéric François-Marsal (8-10 de xuño de 1924) e o de Édouard Herriot (19-21 de xullo de 1926), o número de postos ministeriais que ocupou (sen contar a presidencia do Consello) chegou 26.

Remove ads

Homenaxes

En Nantes, a súa vila natal, deuselle o seu nome a:

  • en 1932 á praza Lafayette, onde está o antigo palacio de xustiza e, en 2005, instalouse nesta praza unha escultura súa.
  • en 1937, recibiron o seu nome unha escola feminina, actualmente unha universidade mixta, na praza da República na île Beaulieu.
  • en 1966, unha ponte no Loira, unha das dúas pontes da « deuxième ligne de ponts », recibiu o seu nome (a outra leva o nome de Georges Clemenceau) ;
  • en 2012, na 40º promoción do IRA (Institut Régional d'Administration) ;
  • unha placa sinala a localización da súa casa natal, destruída durante a segunda guerra mundial.

En Saint-Étienne, unha rúa leva o nome de « Aristide Briand et de la Paix ». Ademais, a gran sala de recepción do Concello da cidade tamén leva o seu nome.

En París o Monument à la Paix, feito por Paul Landowski en 1937, está dedicado a Aristide Briand, en Quai d'Orsay, diante do Ministerio de Asuntos exteriores.

En Hardencourt-Cocherel, unha estatua de bronce feita por Émile Oscar Guillaume (1867-1942), instalouse en 1934, preto de onde está enterrado. Unha estatua idéntica atópase en Ouistreham, onde el adoitaba pasar as vacacións.

En Estrasburgo, dende 1994, unha estación de tren leva o seu nome.

Obra

  • La Grève générale et la révolution, Le Havre, édition à bon marché, 1899.
  • La Séparation, París, Édition Fasquelle, 2 volumes, 1908-1911.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads