Arnego, Vila de Cruces
parroquia civil do concello de Vila de Cruces From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Arnego é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 35 habitantes (18 mulleres e 17 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 50 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arnego.
Remove ads
Xeografía
A parroquia, na confluencia do río Arnego co Ulla, viu moi reducido o seu territorio polas augas do encoro de Portodemouros, pero segue aproveitando o chan non inundado para pasteiros e diversos cultivos.
Historia
O nome de Arnego recibiuno do río homónimo (Ernegum e Arnecum nos textos antigos). O primeiro asentamento estaba no veciño castro chamado Coto do Vixián; un apelativo que parece referirse á súa utilización como posto de vixilancia sobre os camiños do val e o curso de ambos ríos.
Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa María só mostra algúns vestixios da súa primitiva fábrica románica, xa que sufriu varias reformas.
A "Casa grande dos Mella", ou pazo de Fontearcada, conserva as súas dimensións fidalgas: balcón e cheminea, pedra de armas e galería, moi deteriorados. Da capela só quedan en pé as paredes.
Galería de imaxes
- Igrexa de Arnego.
- Porta lateral da igrexa de Arnego.
- Cruceiro de Arnego.
Lugares e parroquias
Lugares de Arnego
Lugares da parroquia de Arnego no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|
Barrio | Eirexe | Fontearcade | O Outeiro | O Pazo |
Parroquias de Vila de Cruces
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads