San Pedro de Losón, Vila de Cruces

parroquia civil do concello de Vila de Cruces From Wikipedia, the free encyclopedia

San Pedro de Losón, Vila de Crucesmap
Remove ads

San Pedro de Losón é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (69 mulleres e 62 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 102 habitantes, sendo 53 homes e 49 mulleres.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Xeografía

O río Deza separa esta parroquia das de Ponte, coa Ponte do Pozo Negro entre ambas, e Saídres, en Trasdeza. Destaca como elevación o monte do Oucido na parte sur da parroquia, atravesado na actualidade mediante un túnel pola liña de alta velocidade Santiago-Ourense.

Historia

A súa historia está ligada á das súas parroquias veciñas: Fontao en Vila de Cruces, Losón en Lalín, Ponte e Saídres, estas últimas no concello de Silleda. Coa súa homónima lalinense foron frecuentes as disputas e rivalidades no tocante ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño, no linde entre ambas. Para Saídres e Fontao, esta parroquia foi unha vía de escape para os estraperlistas do volframio. Por último, a unión con Ponte dase dende a Idade Media grazas á construción dunha ponte sobre o río Deza, que as separa e dá nome á primeira. Desta unión queda constancia no topónimo dos terreos próximos a onde esta ponte se erixía.

Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de San Pedro de Losón

Lugares da parroquia de San Pedro de Losón no concello de Vila de Cruces (Pontevedra)

A Baiuca | Fervenza | Fonte de Lara | Lamela do Medio | Outeiriño | O Pazo | Penagudín

Parroquias de Vila de Cruces

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vila de Cruces

Añobre (San Pedro) | Arnego (Santa María) | Asorei (Santa María) | Bascuas (Santa Mariña) | Besexos (San Fiz) | Bodaño (San Mamede) | Brandariz (San Miguel) | Camanzo (San Salvador) | Carbia (San Xoán) | As Cruces (Nosa Señora da Piedade) | Cumeiro (San Pedro) | Duxame (San Miguel) | Ferreirós (San Xes) | Fontao (Santiago) | Gres (Santiago) | Larazo (San Xoán) | Loño (San Mamede) | Merza (Santa María) | Obra (San Tomé) | Oirós (Santa María) | Ollares (Santa María) | Piloño (Santa María) | Portodemouros (San Salvador) | Sabrexo (Santa María) | Salgueiros (San Pedro) | San Pedro de Losón (San Pedro) | San Tomé de Insua (San Tomé) | Toiriz (San Xoán)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads