Arosa Sociedad Cultural

equipo de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Arosa Sociedad Cultural
Remove ads

O Arosa Sociedad Cultural é un equipo de fútbol de Vilagarcía de Arousa fundado en 1945. Milita no Grupo I da Terceira División RFEF. Xoga como local no Estadio da Lomba, con capacidade para 5.000 persoas.

Datos rápidos Arousa, Nome ...
Thumb
Arosa SC, 2022.

Xogou unha tempada na Segunda División, 7 na Segunda B e 54 na Terceira.

Remove ads

Historia

Desde 1905 existiron en Vilagarcía diversos equipos de fútbol (Villagarcía FC, Alfonso XIII, etc), federados ou non, e en 1940 uns rapaces da vila formaron un club chamado Arosa, que competiu en categoría rexional até desaparecer.

En decembro de 1945 foi cando tomou carta de natureza o actual club. O 27 de xaneiro de 1946 inaugurouse oficialmente o campo, valado, nun choque Arosa-Santiago (1-1). O primeiro partido oficial disputouse na Lomba o 3 de novembro de 1946 co resultado de Arosa SC 3 - 1 Sociedad Cultural de Pontevedra.

En menos de tres anos, o Arosa SC consegue pasar de Serie A a Segunda División Española. Consegue o ascenso na tempada 1948-49 (o 17 de abril de 1949, ao vencer en Riazor o Xuvenil da Coruña (2-0) e proclamándose subcampións trala Orensana. O Arosa militou en Segunda División durante dúas tempadas.

Desde esa época o equipo moveuse dúas décadas por categorías galegas, ata que en 1975 ascende a Terceira. En 1981 xoga a súa primeira promoción de ascenso a Segunda B, e cae derrotado en Reus, mentres dous anos máis tarde, en Olot, o 18 de xuño de 1983, consegue o pase á categoría de bronce (na eliminatoria deixou fóra o Mestalla e o Olot, neste caso por (1-0) e (2-0). Nos anos seguintes disputou varias tempadas en Segunda B, e en Copa do Rei enfróntase á Real Sociedade e ao Osasuna. O seu último ascenso a Segunda B produciuse en 1993, cando despois de proclamarse campión de Terceira por primeira vez na súa historia, ascende logo de derrotar o Moscardó de Usera, o Lealtad de Villaviciosa e o Ríbert de Salamanca. Descende a Terceira en 1994, e a partir de aí comeza unha serie de tempadas nas categorías inferiores.

Logo dunha crise económica a comezos do século XX, na tempada 2019-20 volveu xogar o playoff de ascenso a 2ª B, logo de rematar a competición de terceira división de forma prematura por mor da pandemia de COVID-19. Perdeu a semifinal co Ourense CF por 2-1 nun encontro disputado no Estadio de Balaídos. Acadou o ascenso na tempada seguinte, coincidindo co 75 aniversario do club. Nos play-off venceu nas semifinais o CD Estradense[1], e na final o UD Somozas por 2-0. Na tempada 2021-22 xogou na Segunda División RFEF.

Remove ads

Datos do club

  • Temporadas en : 0
  • Temporadas en : 1
  • Temporadas en 2ªB: 7
  • Temporadas en : 54

Historial na liga

Máis información Tempada, Categoría ...
Remove ads

Estatísticas dos xogadores

  • Os 10 xogadores que até a data disputaron máis partidos oficiais coa camisola arlequinada son os seguintes[2]:
  1. Fernando Lezcano (518 partidos entre 1971 e 1986).
  2. Miolo Millán (383 partidos entre 1964 e 1978).
  3. Ramón Dopazo, Ramoní (306 partidos entre 1959 e 1970).
  4. Gabriel García (278 partidos entre 1990 e 1999).
  5. Fernando Fernández (272 partidos entre 1998 e 2006).
  6. Javier García Barrio (271 partidos entre 1980-1986 e 1987-88).
  7. Carlos Coira (269 partidos entre 1968-1975 e 1979-1981).
  8. Rafael Sáez (253 partidos entre 1979 e 1987).
  9. Chatarra, (223 partidos entre 1995 e 2004).
  10. Unai Bermúdez (216 partidos entre 1996 e 2004).
  • Os máximos goleadores na historia do club foron:
  1. Javier García Barrio (113 goles en 271 partidos, media 0,42).
  2. Fernando Lezcano (80 goles en 518 partidos, media 0,15).
  3. Ventura (75 goles en 100 partidos, mellor media con 0,75).
  4. Sarío Alcalde (61 goles en 186 partidos, media 0,33).

O gardameta que máis partidos oficiais disputou foi Berto Moreira con 146 entre 1983 e 1988. O que presenta mellor media é o sevillano Nano Sánchez (1981-83) con 0,53 goles (27 goles en 51 partidos).

Xogadores de sona

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads