Terceira División RFEF
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Terceira División RFEF, chamada oficialmente Campeonato Nacional de Terceira División (Terceira RFEF),[1] anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Terceira División,[2] é a quinta categoría da liga española de fútbol. Foi creada en 1929 como terceira categoría da liga española de fútbol, converténdose na cuarta categoría en 1977 trala creación da Segunda División B e na quinta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.[3][4]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |

Está inmediatamente por riba das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española. É unha categoría non profesional e está formada por 18 grupos, correspondendo o Grupo I aos equipos de Galicia.
Remove ads
Historia

A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da Liga española de fútbol. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da Segunda División. Na tempada 1977–78, coa creación da Segunda División B, pasou a ser a cuarta categoría da liga española[5]. A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia. Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: Club Gijón, Barakaldo CF, Atlético Aurora Pamplona, Patria Zaragoza, CD Castellón, Sporting Sagunto, Cartagena FC e Recreativo de Huelva. Xa na fase eliminatoria, o Castellón converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao Recreativo de Huelva.
A Terceira División foi suprimida en 1934 e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a guerra civil, aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional[6]. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada[6].
A última gran reestruturación aconteceu na tempada 1980-81, cando foron creados novos grupos e se fixo unha distribución autonómica dos mesmos, aínda que foron precisas varias tempadas para acadar a distribución actual.
Trala tempada 2020/21 pasou a ser a quinta categoría do fútbol español, cunha nova estruturación na que se introduciu a Primeira División RFEF como terceiro nivel.[3][4]
Remove ads
Sistema de competición

Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha Comunidade Autónoma, excepto no caso de Andalucía, que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, no norte de África, compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.
O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.
Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).
Promoción de ascenso
Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda División B.
Este play-off consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a Segunda B. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a Segunda B.
Remove ads
Historial
Campións
Clubs con 5 ou máis títulos de Terceira División (sumando 3ª e 4ª categorías):[7][8]
Estatísticas
Máis tempadas
- Actualizado ata a tempada 2017/18.
Equipos galegos
Os equipos galegos que se proclamaron algunha vez campións da Terceira División son os seguintes:[7][8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads