Estadio Municipal de Balaídos

estadio de fútbol en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia

Estadio Municipal de Balaídosmap
Remove ads

O Estadio Municipal de Balaídos (Abanca-Balaídos por motivos de patrocinio)[2] é un estadio de fútbol situado no barrio de Balaídos, na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Remove ads

Historia

O topónimo do lugar deriva de Abeladíos, facendo referencia a un lugar onde abondan as abeleiras[3]. O estadio é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez e foi inaugurado o 30 de decembro de 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-0.[4] Entre 1967 e 1971 o concello levou a cabo unha reforma en profundidade unha por unha a tódalas bancadas, dándolle a configuración actual, salvo a banda de Río (que recibe o seu nome por estar sobre o río Lagares).

No ano 1969 realizouse unha remodelación para ampliar a zona de pé e asento baixo viseira nas bancadas de Marcador, Tribuna e Gol. O proxecto foi asinado polo arquitecto Antón Román Conde en colaboración coa empresa madrileña Construcciones Laminares S.L., dos arquitectos José Ruiz-Castillo y Ucelay e mais Ricardo Urgoiti, especializados nas láminas de formigón armado. Representou un grande desafío técnico xa que debía construírse en moi pouco tempo e a cuberta de formigón acadaba na lonxitude máxima os 16,5 metros.[5]

Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de Fútbol de 1982, na que se completa a remodelación anterior e reformase entre outras cousas a bancada de Río. Tamén se fixeron obras no campo en 2004 con motivo da primeira participación do Celta na súa historia na Liga de Campións, e adecuando o estadio á normativa da FIFA. Naquel momento o estadio tería unha capacidade de 31.800 espectadores.

A comezos da tempada 2012/13 acometeuse unha reforma para acondicionar o vetusto estadio, tapando o foso que circundaba o terreo de xogo e eliminando algunha das primeiras filas da bancada, nas que era moi mala a visibilidade, para eliminar os obstáculos entre o afeccionado e o terreo de xogo, emulando así os campos de xogo ingleses[6]. Con esta remodelación a capacidade do estadio quedaría en pouco menos de 30.000 asentos.

En 2015 comezou unha reforma en todo o recinto, modernizando as bancadas de Tribuna e Río, renovando completamente a cuberta exterior e reconstruíndo os fondos achegándoos ó terreo de xogo. Trala inauguración da nova bancada de Marcador o 4 de xuño de 2023 con 6209 novas butacas, comezou en 2025 o proceso para a nova bancada de Gol, cunha estrutura semellante que levará ó Estadio de Balaídos a unha capacidade final que vai superar os 27000 espectadores a inicios de 2027, completando a reforma do estadio.[7]

Remove ads

Partidos internacionais

Ao longo da historia acolleu diversos partidos internacionais da selección galega e enfrontamentos da selección española e a portuguesa.

O 2 de abril de 1933 acolleu o encontro España-Portugal (3-0). Antes do partido a galega Emilia Docet, miss España dese ano, saíu ao campo cun traxe típico portugués, acompañada doutras rapazas co traxe galego. Acadouse unha recadación de 130.000 pesetas[8]. Os combinados peninsulares volveron enfrontarse o 26 de setembro de 1979 (1-1) e o 19 de xaneiro de 1994 (2-2). Ademais, o 23 de xaneiro de 1980 o estadio acolleu amigables entre as seleccións de España e Países Baixos (1-0), o 25 de marzo de 1998 entre España e Suecia (4-0) e o 13 de novembro de 1999 entre España e Brasil (0-0).

O 27 de decembro de 2007 a selección galega enfrontouse ó Camerún, no terceiro partido da época contemporánea. Rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Xulio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87[9]. O 31 de maio de 2024 a selección galega volveu xogar en Balaídos, nesta ocasión contra Panamá, que semanas despois xogaría a Copa América 2024.[10]

O 8 de abril de 2025 o estadio acolleu o partido entre España e Portugal de fútbol feminino da Liga de Nacións Feminina da UEFA.[11]

Mundial de Fútbol de 1982

O 14 de xuño de 1982 foi a primeira ocasión en que se celebrou en Galicia un encontro dunha Copa Mundial de Fútbol. Os participantes, Italia e Polonia, que ese día empataron a cero goles, serían, ao finalizar o campionato, gañador e terceiro clasificado respectivamente.

Xogáronse, en total, tres partidos:

Italia 0 – 0 Polonia 14 de xuño de 1982 – Estadio de Balaídos, Vigo
Asistencia: 33.000
Árbitro: Michel Vautrot (Francia)
 


Italia 1 – 1 Perú 18 de xuño de 1982 – Estadio de Balaídos, Vigo
Asistencia: 25.000
Árbitro: Walter Eschweiler (Alemaña Federal)
Conti Anotado no 18º minuto 18' Díaz Anotado no 83º minuto 83'
 
Italia 1 – 1 Camerún 23 de xuño de 1982 – Estadio de Balaídos, Vigo
Asistencia: 20.000
Árbitro: Bogdan Dotchev (Bulgaria)
Graziani Anotado no 60º minuto 60' M'Bida Anotado no 61º minuto 61' 
 
Remove ads

Outros eventos

Amais de encontros deportivos, o estadio de Balaídos acolleu tamén diversas actuacións musicais[12].

O 29 de xullo de 1990 actuou Madonna ante 20.000 persoas, como parte da súa xira Blond Ambition Tour, con Siniestro Total como abreconcertos. A artista cantou varias cancións cunha camiseta do Celta.[13]. En xullo de 1992 o festival Afroamérica trouxo durante dous días artistas como Tracy Chapman, B.B. King, Gilberto Gil, Willy DeVille, Dr. John, Celia Cruz con Tito Puente e Milton Nascimento. O 21 de agosto de 1992 a banda Dire Straits actuou ante 40.000 persoas. O 18 de xullo de 1998 tocaron The Rolling Stones, na xira Bridges to Babylon, ante 35.000 espectadores. O 21 de xullo de 2001 actuou Alejandro Sanz ante 15.000 persoas. En 2023 actuou a banda Guns N' Roses.[14]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads