Arsenopirita
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A arsenopirita (tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeAsS e que cristaliza no sistema monoclínico.
Remove ads
Aspecto
A arsenopirita aparece normalmente en forma de cristais dodecaédricos e prismáticos, aínda que tamén o fai en forma de masas amorfas. Son típicas as maclas por compenetración en forma de punta de lanza ou en forma es estrela (crecemento acicular). A súa cor é agrisada.
Lugares onde se atopa
Aparece con frecuencia en depósitos sulfurosos asociada a minerais como a pirita, a calcopirita, a pirrotina ou a siderita.
Usos da arsenopirita
A arsenopirita emprégase para a fabricación de aliaxes metálicas e de vidro, en aplicacións médicas, en insecticidas, en pirotecnia e para a elaboración de pigmentos.
Outros sulfuros
Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a pirita, calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads