Galena

From Wikipedia, the free encyclopedia

Galena
Remove ads

A galena[1][2] é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é PbS. É insoluble en auga e de brillo metálico.

Datos rápidos Fórmula química, Clase ...

Aspecto

O seu aspecto cando cristaliza é o de cubos metálicos de cor agrisada, aínda que máis imperfectos cos da pirita.

Lugares onde se atopa

A galena atópase en filóns hidrotermais, en pegmatitas e en xacementos sedimentarios sulfurosos. Aparece normalmente asociada á pirita, á calcopirita, á barita e á esfalerita.

Usos da galena

Debido á súa alta porcentaxe en chumbo (o 86,6%), a galena utilízase como fonte deste elemento. Algunhas veces a presenza de prata (galena argentífera) neste mineral provocou que se utilizase tamén como fonte da mesma.

Antigamente utilizábase na fabricación de esmaltes cerámicos.

Outros sulfuros

Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:

A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a calcopirita, a pirrotina e o cinabrio.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads