Calcopirita

From Wikipedia, the free encyclopedia

Calcopirita
Remove ads

A calcopirita ou pirita de cobre (do grego khalkós pyrósé, cobre de lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é CuFeS2 (34,6% de cobre, 30,4% de ferro e 35% de xofre).

Datos rápidos Fórmula química, Clase ...
Remove ads

Aspecto

Moi parecida á pirita, diferénciase desta pola súa menor dureza e pola escasa proliferación na súa forma cristalizada. A súa cor amarela latón nas superficies recentes é porén case idéntica á da pirita.

As superficies antigas son alteradas con facilidade co paso do tempo polos axentes físicos (a auga, por exemplo), dando lugar a patinas irisadas de cores azulada, violeta e verdosa.

Os grans pequenos son facilmente confundibles co ouro para un observador pouco experimentado.

Remove ads

Lugares onde se atopa

A calcopirita atópase en depósitos hidrotermales e en zonas magmáticas e metamórficas de contacto.

Usos da calcopirita

O seu alto contido en cobre fai da calcopirita unha fonte moi importante deste elemento que se usa despois na industia eléctrica e química.

Outros sulfuros

Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:

A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads