Luria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
A luria[2], tamén chamada leirón ou lirio[3] (nomes que tamén designan o Elyomis quercinus) e rato de auga[4], (Arvicola sapidus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae. É un gran cricétido anfibio de gran parte de Francia, España e Portugal, incluíndo Galicia. Aínda que historicamente era considerado un membro da mesma especie que Arvicola amphibius, Musser e Carleton (2005) consideran que son distintos.[5] Está listado na Lista Vermella da IUCN como vulnerable debido a moitas das mesmas razóns que para a rata de auga setentrional.[1]

Remove ads
Características
Pesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm por termo medio. A pelame é castaña escura sobre o dorso, e gris no ventre.
Alimentación
É sobre todo herbívoro (fitófago) mais tamén pode comer algún animal acuático (insectos, crías de peixes, anfibios...).
Reprodución
As femias poden parir ata cinco veces ao ano, aínda que o normal son dúas. A xestación dura 21 ou 22 días e adoitan ter de 2 a 7 crías por parto. A madurez sexual alcánzase nun pouco mís dun mes. A lonxevidade desta especie é de dous anos.
Distribución
Esta especie está presente en Francia, España e Portugal. Trala ameaza da súa desaparición a curto prazo, empendéronse algúns esforzos para salvala, que foron desde campañas de información e sensibilización da xente a cambios nas obras públicas que afectan o seu hábitat e a conservación do seu hábitat.
Uso
No delta do Ebro antigamente eran cazadas pola súa carne. Ao ser un roedor que se alimenta de cereais considerábase bo para comer.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads