Rata toupa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rata toupa
Remove ads

A rata toupa,[2] tamén coñecida como rata de auga setentrional[3] (Arvicola scherman) é unha especie de roedor da familia Cricetidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Taxonomía

Antes considerábase pertencente á especie Arvicola terrestris, pero presentaba dúas formas ecolóxicas: a cavadora, que habita nos macizos montañosos do suroeste e centro de Europa, e a semiacuática, que ocupa o resto da súa área de distribución. Recentemente propúxose unha nova configuración taxonómica na que os representantes semiacuáticos serían unha subespecie de Arvicola amphibius, e os morfotipos cavadores, que ocupan certos macizos montañosos europeos, pertencerían a Arvicola scherman. Segundo esta clasificación, as poboacións ibéricas corresponderían a esta última especie.

Remove ads

Descrición

É unha especie de gran variabilidade morfolóxica ao longo da súa área de distribución. Na Península Ibérica está representada por morfotipos de pequeno tamaño, con dimensións corporais sensiblemente menores que a rata de auga común (Arvicola sapidus), e co rabo máis curto. Especie sen dimorfismo sexual, a coloración do pelame de A. scherman é diferente incluso a escala intrapoboacional, variando desde o pardo escuro ou pardo amarelado ata o gris; os flancos desde o pardo amarelado ou ocre ata o gris claro; na zona ventral predominan os tons agrisados e o rabo é xeralmente bicolor.

Remove ads

Distribución

Desde o norte da Península Ibérica ata Ucraína, faltando no oeste e extremo suroriental de Francia; o seu límite setentrional está localizado ao norte de Alemaña e o meridional nos Alpes e nos Balcáns. Na Península distribúese nunha banda setentrional que iría desde o Pireneo leridano (Val de Arán) ata a serra dos Ancares, Serra Segundeira (Zamora) e Montezinho (Portugal). Existe un illamento xeográfico entre as poboacións dos Pireneos, a cordilleira Cantábrica e o extremo nororiental de Guipúscoa.

Hábitat

Especie herbívora, ocupa principalmente prados naturais situados en niveis altitudinais variables, desde o nivel do mar ata prados alpinos próximos aos 2.000 metros de altura. En terreos cultivados e prados de forraxe esta especie pode chegar a constiuír unha praga agrícola.

Nalgunhas zonas da súa área de distribución, pode constituír un reservorio de tularemia e ser hóspede intermediario de varias especies de parasitos.

Remove ads

Depredación

É presa habitual das aves rapaces, como o bufo pequeno, (Asio otus) e a curuxa (Tyto alba) e de carnívoros de tamaño medio.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads