As I Lay Dying
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As I Lay Dying é unha banda estadounidense de metalcore procedente de San Diego (California). Foi fundada no ano 2000 polo vocalista Tim Lambesis, único membro constante do grupo. Ata a data leva publicados oito álbums de estudio, un álbum compartido e dous recompilatorios.
O cuato álbum de estudio de As I Lay Dying, An Ocean Between Us (2007), chegou ao número 8 da lista Billboard 200 e ao número 1 da Top Rock. A banda actuou en festivais como Wacken Open Air, With Full Force, Soundwave Festival, Warped Tour, Bloodstock Open Air e Taste of Chaos. En 2007 a banda gañou o premio "Ultimate Metal God" da canle MTV2 no primeiro especial anual All That Rocks. Tamén foi nomeada "Artista do Ano" nos San Diego Music Awards en 2005,[1] 2007[2] e 2008.[3] Ese último ano tamén foi nomeada a un Grammy pola canción "Nothing Left".[4] O seu quinto álbum de estudio, The Powerless Rise, foi escrito durante un período de tres anos, e foi lanzado en maio de 2010 con gran aclamación da crítica. O seu derradeiro álbum de estudio antes do seu hiato en 2014, Awakened, publicouse en setembro de 2012.
A banda iniciaría un hiato indefinido en 2014 cando Lambesis foi condenado a seis anos de prisión por solicitar o asasinato da súa esposa.[5] Os membros restantes formaron Wovenwar co vocalista Shane Blay.[6]
En 2018 Lambesis reuniuse con Hipa, Sgrosso, Mancino e Gilbert. O 8 de xuño dese ano a banda publicou a canción "My Own Grave", a súa primeira gravación en seis anos.[7] O grupo publicou o seu sétimo álbum de estudio, Shaped by Fire, o 20 de setembro de 2019. A formación da banda desmoronaríase nos anos posteriores ao lanzamento do álbum; Hipa deixou o grupo en 2020, seguido de Gilbert e Mancino en 2022, con pouco máis dun mes entre as súas saídas. Foron substituídos por Nick Pierce, Ryan Neff, e Ken Susi, respectivamente en 2022; os tres acabarían marchando en 2024, abandonando tamén Sgrosso o grupo pouco despois, deixando a Tim Lambesis como único membro da banda.
As I Lyingg Dying publicou o seu oitavo álbum de estudio, titulado Through Storms Ahead, o 15 de novembro de 2024.
Remove ads
Discografía
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads