As Oiras, Alfoz
parroquia civil do concello de Alfoz From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Mamede das Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz. En 2004 tiña 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade de 12,8 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 80 habitantes, sendo 36 homes e 44 mulleres.
Ten unha superficie de 8,57 km². Limitada ao norte coa parroquia de Lagoa, ao sur coas do Pereiro e Figueiras (do concello de Mondoñedo), ao leste con Adelán e Figueiras, e ao oeste co Pereiro.
Remove ads
Patrimonio
A parroquia pertenceu ao antigo Decanato da Mariña. O seu curato era "de entrada", dotado con 640 reais anuais de renda e de Padroado Real.
A igrexa parroquial de San Mamede das Oiras está situada na aldea da Igrexa. Trátase dun templo reconstruído a comezos do século XX, é de estilo neogótico, cunha soa nave e sancristía situada ao carón da capela maior. Sobre a fachada principal hai unha torre. No interior consérvase un retablo do século XVIII que provén da catedral de Mondoñedo.
O cruceiro das Oiras é un dos numerosos cruceiros da comarca. Do século XIX, está realizado en granito, ten unha cruz que presenta no anverso un Cristo crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. O capitel ten forma de tronco piramidal, con decoración de volutas. O fuste é octogonal co pedestal cúbico.
Remove ads
Notas
Lugares e parroquias
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads