Agrupación Cultural Francisco Lanza

asociación cultural galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Agrupación Cultural Francisco Lanza é unha asociación cultural creada en Ribadeo no 1971 co fin de traballar pola lingua e a cultura galegas.[1][2] Naceu a partir da celebración, o 25 de xullo de 1969, da primeira feira do libro galego en Ribadeo.

Datos rápidos Instancia de, Data ...
Remove ads

Actividades

Thumb
Presentación da impresión facsímile do Ribadeo antigo, promovido pola A. C. Francisco Lanza, na sala de lectura da Biblioteca Pública El Viejo Pancho de Ribadeo (2024)

Dentro da súa actividade, a máis da continuación primeiro, e colaboración despois, coa feira do libro, está a edición anual de Cadernos Ribadenses, as Xornadas de Historia Local ou diversas exposicións, como a mantida en outono de 2024 Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego.[3]

Asemade, tren organizado numerosas charlas/debate, presentacións de libros, recitais poéticos, os paseos da Paco Lanza, as Palabras no balcón, algunha viaxe cultural (como foi a visita ás exposición do “pergamiño Vindel” ou a referida ao cadro de Castelao A derradeira lección do mestre exposto na Cidade da Cultura de Galicia), promoción do libro galego cando o Día das Letras Galegas, algún concerto musical convidando a grupos novos, actividades para pícaros e pícaras, edición anual dun almanaque en galego etc.[4]

Tamén mantén, dende o ano 2022, clases de galego e portugués como vector de difusión da lingua e cultura galegas.

Remove ads

Presidentes da asociación[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads